Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2022 Páx. 56238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 5 de outubro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica a resolución do procedemento de responsabilidade patrimonial no expediente RP-2021-0116-O, devolta polo servizo de Correos.

O 17 de setembro de 2022, o conselleiro de Sanidade ditou resolución relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial que formulou a persoa reclamante que se sinala no anexo deste anuncio.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a dita resolución, que foi devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Así mesmo, e segundo o artigo 46 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, a publicación da resolución pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, esta cédula limitarase á publicación, como anexo, dunha breve indicación do contido do acto e do lugar onde o interesado poderá comparecer en prazo, para o coñecemento do contido íntegro do dito acto e constancia de tal coñecemento.

Lémbrase que a citada resolución pon fin á vía administrativa, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Contra ela poderá interpor recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece o artigo 14.1, na súa regra segunda, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O prazo será de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei xurisdicional.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2022

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº de expediente: RP-2021-0116-O.

Reclamante: 76693634L.

Último enderezo coñecido: rúa Rodríguez San Pedro, núm. 30, baixo int. dta., 28015 Madrid.

Contido da notificación: Resolución do conselleiro de Sanidade do 17 de setembro de 2022, relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial presentada.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade. Edificio Administrativo San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: dez (10) días.