Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2022 Páx. 56231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 29 de setembro de 2022 polo que se dá publicidade da segunda resolución de concesión relativa á Orde do 21 de abril de 2022 pola que se crea o programa de innovación educativa Polos creativos e se establece o procedemento para a participación dos centros docentes públicos dependentes desta consellería.

O 27 de abril de 2022 foi publicada, no Diario Oficial de Galicia número 80, a Orde do 21 de abril de 2022 pola que se crea o programa de innovación educativa Polos creativos e se establece o procedemento para a participación dos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Esta orde ten por obxecto a creación do programa de innovación educativa Polos creativos e o establecemento do procedemento para a selección dos centros participantes nel.

Será de aplicación aos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (actual Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades) que imparten ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e/ou bacharelato.

Os polos creativos desenvolveranse en espazos físicos creados nos centros educativos, dotados dun equipamento especializado, cun deseño modular e innovador, e organizados didacticamente para o fomento da creatividade e a formación do alumnado nun contexto de aprendizaxe competencial. Está baseado na aprendizaxe activa e manipulativa, na aprendizaxe baseada no deseño, na solución de problemas e na aprendizaxe entre iguais.

Establécese un número máximo de 220 polos creativos, e debe acadarse unha puntuación mínima de 50 puntos para a selección dos centros.

De conformidade co disposto no artigo 10.4 da citada Orde do 21 de abril de 2022, a Comisión de Selección, creada para a valoración das propostas presentadas, deberá reunirse no prazo dun mes desde a publicación da orde no DOG e, de non esgotarse o número de polos creativos previstos, volverase reunir con carácter trimestral para a selección de novos centros que presentasen as súas solicitudes nos meses anteriores.

Mediante a Resolución do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 21 de xullo de 2022, realizouse unha primeira adxudicación de polos creativos, unha vez elevado pola Comisión de Selección o seu informe-proposta, tras a súa primeira reunión ao abeiro do disposto no citado artigo 10.4.

Dado o non esgotamento do número máximo de polos, foron revisadas nunha segunda reunión da Comisión de Selección aquelas propostas presentadas a partir da primeira adxudicación e, por Resolución do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 29 de setembro de 2022, realizouse unha nova adxudicación que esgota o número máximo de polos establecido, e debe publicarse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, publicación que terá todos os efectos de notificación, de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Polo exposto, dáse publicidade da listaxe de polos creativos adxudicados, e das denegacións por non obter a puntuación mínima exixida para a selección, así como da lista de espera con todas as solicitudes que acadaron a citada puntuación mínima, pero que non resultaron adxudicatarias dos polos por terse esgotado o número máximo establecido:

Cód. do centro

Nome do centro

Valoración

36004174

CEIP Plurilingüe Vicente Arias de la Maza

88,333

36016942

CEIP de Santiago de Oliveira

88,229

36020301

IES de Meaño

87,101

36018631

CEP Xosé Neira Vilas

85,786

36010423

CEIP Valle-Inclán

85,359

32004398

CEIP Vicente Risco

84,357

32000058

CEIP Padre Feijoo

84,254

36016619

CEIP de Atín-Cela

82,182

36001975

CEIP Pío Cabanillas Gallas

81,333

15024227

CEIP de Pazos

80,667

36000481

IES Ramón Cabanillas

80,535

36018999

IES As Barxas

79,792

36024203

IES Faro das Lúas

79,616

36015627

CEIP Plurilingüe García Barbón

78,930

15008398

CEIP Francisco López Estrada

78,857

36004460

CEIP de Ardán

77,333

27016303

IES Pedregal de Irimia

76,500

27016170

CEIP Plurilingüe Santa Rita

76,250

36013552

CEIP de Seara

74,833

36007710

CEP Santa Mariña

74,392

15005257

IES Ramón Menéndez Pidal

74,268

32013521

CEIP Princesa de España

74,167

15009445

CEIP Plurilingüe Unión Mugardesa

73,833

15023089

CEIP Luís Seoane

72,333

36009974

CEIP de Coutada-Beade

72,167

32015918

CEIP Carmen García Carrasco

71,833

15017314

CEIP Plurilingüe de Toques

71,000

36009032

CEIP Ramón de Valenzuela

70,500

36010666

CEIP San Salvador

69,833

36010137

CEIP da Igrexa-Candeán

69,333

36011567

IES Castelao

69,286

36012377

CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas

68,167

15025670

CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal

67,712

15020911

CPI Plurilingüe de Vedra

67,592

36005245

CEIP Mestre Martínez Alonso

67,333

15023302

IES Manuel Murguía

67,293

36014428

IES Val Miñor

66,292

15032959

CEIP Vicente Otero Valcárcel

65,643

27013387

CEIP de Celeiro

65,500

36019451

CEIP A Escardia

65,000

36016590

CEIP de Abelendo

64,833

36014854

CEIP Plurilingüe de Oca

64,000

36010204

CEIP Plurilingüe Párroco Don Camilo

63,958

15018148

CPI de Atios

62,487

15000016

CEIP Plurilingüe San Marcos

62,333

27016406

CEIP Plurilingüe de Covas

60,833

15003376

CPI Plurilingüe O Cruce

60,806

27020562

IES de Foz

60,603

32010601

CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso

60,500

15027721

IES Plurilingüe de Ames

60,128

36015846

CEIP de Noalla-Telleiro

58,333

36016991

CEP Plurilingüe de Riomaior

57,833

36010711

CEP Dr. Fleming

57,773

36004708

CPI de Mosteiro-Meis

57,000

36014601

IES Álvaro Cunqueiro

57,000

32008835

CEIP Curros Enríquez

56,833

36013758

IES Laxeiro

56,570

32001002

CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas

56,500

27016455

IES Sanxillao

56,333

36019751

IES Antón Alonso Ríos

56,091

27013934

IES Perdouro

55,667

15021767

IES Plurilingüe Castro da Uz

55,614

15013291

CEIP Eduardo Pondal

55,136

36019441

CEIP de Petelos

55,000

32009190

IES As Lagoas

54,954

36002347

CEIP Pérez Viondi

54,951

15026731

IES Campo de San Alberto

54,182

27016467

CEIP Menéndez Pelayo

54,167

36015172

CEIP A Xunqueira Nº 2

54,000

15026121

IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

53,750

36019463

IES Johan Carballeira

53,600

27003126

CEIP Plurilingüe Xoán de Requeixo

52,803

15032426

CEIP Plurilingüe Graxal

52,636

36006730

IES Frei Martín Sarmiento

52,143

32011755

CEIP Manuel Respino

51,917

36015652

CEIP O Piñeiriño

Denegada art. 9.2

15027848

CRA Nosa Señora do Faro

Denegada art. 9.2

27013296

CEIP Manuel Mato Vizoso

Denegada art. 9.2

36002773

CEIP do Foxo

Denegada art. 9.2

32015669

CEIP Mestre Vide

Denegada art. 9.2

36003807

CEIP Rosalía de Castro

Denegada art. 9.2

36015861

CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar

Denegada art. 9.2

15025256

CEIP Alfredo Brañas

Denegada art. 9.2

27005691

CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán

Denegada art. 9.2

15000363

CEIP Ponte dos Brozos

Denegada art. 9.2

15025220

CEP Plurilingüe de Ventín

Denegada art. 9.2

15023053

CEIP Portofaro

Denegada art. 9.2

15019347

CPI Camiño de Santiago

Denegada art. 9.2

15033198

CRA A Tarandeira

Denegada art. 9.2

36016814

EEI do Con

Denegada art. 9.2

15013643

CEIP Plurilingüe A Magdalena

Denegada art. 9.2

36015101

IES da Cañiza

Denegada art. 9.2

15009391

CEIP Santiago Apóstolo

Denegada art. 9.2

32006358

CEIP Plurilingüe do Xurés

Denegada art. 9.2

36014878

CEIP Plurilingüe de Conmeniño

Denegada art. 9.2

36004681

CEIP de Seixo

Denegada art. 9.2

27006000

CEIP Juan Rey

Denegada art. 9.2

36009755

CEIP de Pazos de Reis

Denegada art. 9.2

15025530

IES da Pobra do Caramiñal

Denegada art. 9.2

36010009

CEIP Virxe do Rocío

Denegada art. 9.2

15025062

CEIP de Portosín

Denegada art. 9.2

15027940

IES As Insuas

Denegada art. 9.2

15006791

IES Saturnino Montojo

Denegada art. 9.2

27006954

CEIP Plurilingüe Álvaro Cunqueiro Mora

Denegada art. 9.2

36000405

CPI Plurilingüe Alfonso VII

Denegada art. 9.2

27015761

IES Ánxel Fole

Denegada art. 9.2

27013648

IES Vilar Ponte

Denegada art. 9.2

15032509

CRA de Oroso

Denegada art. 9.2

36010071

CEIP Plurilingüe Santa Mariña

Denegada art. 9.2

15011026

CEIP Plurilingüe da Rabadeira

Denegada art. 9.2

15026704

IES David Buján

Denegada art. 9.2

15015652

CEIP Apóstolo Santiago

Denegada art. 9.2

15024963

CEIP Plurilingüe de Andrade

Denegada art. 9.2

36016644

CEIP de Laredo

Denegada art. 9.2

15008039

CPI Plurilingüe Cernadas de Castro

Denegada art. 9.2

36019657

IES Primeiro de Marzo

Denegada art. 9.2

36010150

CEIP Mestres Goldar

Denegada art. 9.2

15016292

CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei

Denegada art. 9.2

27013673

CEIP de Casás

Denegada art. 9.2

15022310

CEIP A Gándara

Denegada art. 9.2

15006742

IES Concepción Arenal

Denegada art. 9.2

36006195

CEIP A Carballeira

Denegada art. 9.2

15027851

IES Plurilingüe A Cachada

Denegada art. 9.2

36018872

EPAPU Río Lérez

Denegada art. 9.2

15024902

CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez

Denegada art. 9.2

15011981

CEIP José María Lage

Denegada art. 9.2

15027927

IES Ramón Caamaño

Denegada art. 9.2

15021883

CEIP de Vite I

Denegada art. 9.2

36009524

CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán

Denegada art. 9.2

15005828

CEIP Plurilingüe de Tarrío

Denegada art. 9.2

15017041

CEIP A Igrexa-Calo

Denegada art. 9.2

15032081

IES de Fene

Denegada art. 9.2

36009962

CEIP Otero Pedrayo

Denegada art. 9.2

27000541

CEIP San Miguel de Reinante Barreiros

Denegada art. 9.2

36005142

CPI Plurilingüe Santa Lucía

Denegada art. 9.2

15022589

CEIP Lamas de Abade

Denegada art. 9.2

15027897

CIFP Paseo das Pontes

Denegada art. 9.2

15010058

CPI do Feal

Denegada art. 9.2

15026960

CEIP Plurilingüe de Ponzos

Denegada art. 9.2

15032911

CEIP Juana de Vega

Denegada art. 9.2

15027228

IES María Casares

Denegada art. 9.2

32002122

CEIP Nosa Señora de Xuvencos

Denegada art. 9.2

15027253

CEIP Isaac Díaz Pardo

Denegada art. 9.2

15001124

CEIP Francisco Vales Villamarín

Denegada art. 9.2

15025566

IES Ferrol Vello

Denegada art. 9.2

15022981

CEIP Plurilingüe de Centieiras

Denegada art. 9.2

36005956

CEIP Carlos Casares

Denegada art. 9.2

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

Denegada art. 9.2

15027885

IES Lamas de Castelo

Denegada art. 9.2

15014957

CPI de San Sadurniño

Denegada art. 9.2

36001343

CEIP San Xoán Bautista

Denegada art. 9.2

15023090

IES Macías o Namorado

Denegada art. 9.2

32011901

CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño

Denegada art. 9.2

Lista de espera:

Cód. do centro

Nome do centro

Valoración

32015116

CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa

51,417

15026406

IES Eduardo Pondal

50,122

15005245

IES Monelos

50,000

15027733

IES de Arzúa

50,000

15024941

CEIP Plurilingüe A Laxe

50,000

Contra a Resolución do 29 de setembro de 2022, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades