Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2022 Páx. 55586

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2022 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a superior de investigación (resonancia magnética nuclear), grupo I, en virtude das probas selectivas convocadas pola Resolución do 21 de decembro de 2021.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 21 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 13 de xaneiro de 2022) para cubrir con persoal laboral fixo dúas prazas da categoría profesional de técnico/a superior de investigación (resonancia magnética nuclear), grupo I, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo, na categoría de profesional de técnico/a superior de investigación (resonancia magnética nuclear), as persoas que superaron o proceso selectivo pola quenda de promoción interna e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Quenda de promoción interna

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***9719**

Lodeiro Remesar, Consuelo

2

***2689**

Mosquera Losada, María del Carmen