Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2022 Páx. 55583

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de coordinador/a de servizo do nivel de atención primaria.

Convocada pola Resolución do 18 de xullo de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de coordinador/a de servizo do nivel de atención primaria (DOG núm. 143, do 28 de xullo), de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 145, do 29 de xullo), e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 106, do 5 de xuño), e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 208, do 31 de outubro), e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), así como na Orde do 22 de abril de 2020 de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (DOG núm. 82, do 29 de abril), modificada pola Orde do 25 de maio de 2020 (DOG núm. 103, de 29 de maio), esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de coordinador/a de servizo do nivel de atención primaria, convocados pola Resolución do 18 de xullo de 2022 (DOG núm. 143, do 28 de xullo).

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas relacionadas no anexo desta resolución.

Terceiro. As persoas aspirantes nomeadas deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao de cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da persoa interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 7 de outubro de 2022

Ramón Ares Rico
Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

ANEXO

Posto de traballo: coordinadora do Servizo de Atención Primaria do Corgo.

Nome e apelidos: María Consuelo Ferro Mourenza.

DNI: ***3878** (*).

Posto de traballo: coordinador do Servizo de Atención Primaria de Chantada.

Nome e apelidos: Ildefonso José Piñeiro Díaz.

DNI: ***1730** (*).

Posto de traballo: coordinadora do Servizo de Atención Primaria do Sagrado Corazón (Lugo).

Nome e apelidos: María Begoña Amenedo Losada.

DNI: ***3452** (*).

Posto de traballo: coordinador do Servizo de Atención Primaria de Illas Canarias (Lugo).

Nome e apelidos: Ángel Sánchez Ouro.

DNI: ***5343** (*).

Posto de traballo: coordinadora do Servizo de Atención Primaria de Palas de Rei.

Nome e apelidos: Ángela Pérez Vázquez.

DNI: ***3543** (*).

Posto de traballo: coordinador do Servizo de Atención Primaria de Mondoñedo.

Nome e apelidos: Anselmo Fernández Alonso.

DNI: ***3470** (*).

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 15 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.