De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 21 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 13 de xaneiro de 2022) para cubrir con persoal laboral fixo catro prazas da categoría profesional de técnico/a superior de investigación (microscopía electrónica e confocal e de apoio ás especialidades biolóxicas), grupo I, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo, na categoría profesional de técnico/a superior de investigación (microscopía electrónica e confocal e de apoio ás especialidades biolóxicas), as persoas que superaron o proceso selectivo pola quenda de promoción interna e que se relacionan no anexo desta resolución.
Segundo. Declarar deserta unha das prazas convocadas.
Terceiro. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2022
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Quenda de promoción interna
Número da orde |
DNI |
Apelidos e nome |
1 |
***9860** |
Pazos Guldrís, María José |
2 |
***7257** |
Rivas Cascallar, Mercedes |
3 |
***6677** |
Antón Segurado, Raquel |