O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) no segundo cuadrimestre do ano 2022 e que se relacionan no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2022
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria
ANEXO
Convenios subscritos polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga)
no segundo cuadrimestre do ano 2022
Título |
Obxecto |
Data da sinatura |
Achega económica (€) |
Convenio de colaboración entre o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), a Axencia Galega de Calidade Alimentaria e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei para a mellora da xestión da información relativa á declaración de colleita de uva dos produtores acollidos á Denominación de Orixe Monterrei |
O obxecto deste convenio é regular o marco de colaboración entre as partes asinantes para a realización conxunta das actividades de control da produción no sector da viticultura para garantir a calidade da produción da denominación de orixe. En concreto, a finalidade do convenio é mellorar a xestión e o control da información relativa á declaración de colleita de uva das persoas produtoras acollidas ao Consello Regulador da Denominación de Orixe |
5.7.2022 |
Sen achega económica |
Convenio de colaboración entre o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), a Axencia Galega de Calidade Alimentaria e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas para a mellora da xestión da información relativa á declaración de colleita de uva dos produtores acollidos á Denominación de Orixe Rías Baixas |
O obxecto deste convenio é regular o marco de colaboración entre as partes asinantes para a realización conxunta das actividades de control da produción no sector da viticultura para garantir a calidade da produción da denominación de orixe. En concreto, a finalidade do convenio é mellorar a xestión e o control da información relativa á declaración de colleita de uva das persoas produtoras acollidas ao Consello Regulador da Denominación de Orixe |
5.7.2022 |
Sen achega económica |
Convenio de colaboración entre o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), a Axencia Galega de Calidade Alimentaria e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra para a mellora da xestión da información relativa á declaración de colleita de uva dos produtores acollidos á Denominación de Orixe Ribeira Sacra |
O obxecto deste convenio é regular o marco de colaboración entre as partes asinantes para a realización conxunta das actividades de control da produción no sector da viticultura para garantir a calidade da produción da denominación de orixe. En concreto, a finalidade do convenio é mellorar a xestión e o control da información relativa á declaración de colleita de uva das persoas produtoras acollidas ao Consello Regulador da Denominación de Orixe |
5.7.2022 |
Sen achega económica |
Convenio de colaboración entre o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), a Axencia Galega de Calidade Alimentaria e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro para a mellora da xestión da información relativa á declaración de colleita de uva dos produtores acollidos á Denominación de Orixe Ribeiro |
O obxecto deste convenio é regular o marco de colaboración entre as partes asinantes para a realización conxunta das actividades de control da produción no sector da viticultura para garantir a calidade da produción da denominación de orixe. En concreto, a finalidade do convenio é mellorar a xestión e o control da información relativa á declaración de colleita de uva das persoas produtoras acollidas ao Consello Regulador da Denominación de Orixe |
5.7.2022 |
Sen achega económica |
Convenio de colaboración entre o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), a Axencia Galega de Calidade Alimentaria e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras para a mellora da xestión da información relativa á declaración de colleita de uva dos produtores acollidos á Denominación de Orixe Valdeorras |