Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2022 Páx. 55385

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 11 de outubro de 2022 pola que se publican as bolsas de desprazamento Ourense rural destinadas ao estudantado do Campus de Ourense para o curso académico 2022/23.

BDNS (Identif.): 653349.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/997):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que está matriculado en estudos de grao ou mestrado en centros propios do Campus de Ourense ou da Escola de Enfermaría de Ourense no curso 2022/23.

Segundo. Obxecto

O obxecto das axudas é atender o custo económico que supón a realización de estudos universitarios oficiais para o alumnado empadroado en concellos rurais da provincia de Ourense distantes dos campus universitarios e con dificultades de conexión a través de medios de transporte habituais.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución pola que se convocan as bolsas de desprazamento Ourense rural para o estudantado do Campus de Ourense para o curso académico 2022/23.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas bolsas será de vinte e seis mil euros (26.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 13 de outubro ata o 27 de outubro de 2022.

Vigo, 11 de outubro de 2022

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 22.6.2022; DOG do 6 de xullo)
Elena Rivo López
Vicerreitora do Campus de Ourense da Universidade de Vigo