Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, pola quenda libre, en 24 prazas da escala técnica auxiliar (subescala auxiliar de servizos) (subgrupo C2) vacantes na relación de postos de traballo de persoal funcionario desta universidade, convocadas pola Resolución do 28 de xuño de 2019 (DOG do 10 de xullo).
Verificada a concorrencia nos/as aspirantes aprobados/as dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.
De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro.
Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, e da delegación de competencias operada por Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear funcionarios/as de carreira, da escala técnica auxiliar (subescala auxiliar de servizos) (subgrupo C2) da Universidade da Coruña, os/as aspirantes aprobados/as polo sistema de quenda libre que se relacionan no anexo.
Segundo. Para adquirir a condición de funcionario/a de carreira, as persoas que se relacionan deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, conforme os destinos que se adxudicarán na elección en acto público que se realizará o vindeiro día 3.10.2022.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 27 de setembro de 2022
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña
ANEXO
Escala técnica auxiliar (subescala auxiliar de servizos) (subgrupo C2)
Nº orde |
DNI |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
Puntuación total |
1 |
***2407** |
Torreira |
Allo |
José Fernando |
94,125 |
2 |
***8882** |
Pernas |
Ladra |
Juan Manuel |
93,55 |
3 |
***5431** |
Romero |
Sánchez |
Francisco Javier |
92,925 |
4 |
***8833** |
Caramés |
Ríos |
José Antonio |
86,55 |
5 |
***6581** |
García |
Candame |
Iván |
85,35 |
6 |
***0730** |
Alonso |
Allegue |
Luis Miguel |
84,5 |
7 |
***8059** |
Calviño |
Pedreira |
Guillermo |
83,75 |
8 |
***9386** |
López |
García |
Iván |
83,618 |
9 |
***7516** |
Caruncho |
Gil |
María Eugenia |
83,425 |
10 |
***2521** |
Ramil |
Leiro |
Adoración |
83,34 |
11 |
***2868** |
Hernández |
Martínez |
Patricia |
82,4 |
12 |
***1277** |
Giz |
Yáñez |
José Carlos |
82,258 |
13 |
***8249** |
Fernández |
Argibay |
Patricia |
82,24 |
14 |
***8635** |
García |
Vázquez |
Luis Miguel |
82,05 |
15 |
***0528** |
Sandomingo |
González |
Julia María |
81,875 |
16 |
***4616** |
López |
Fachal |
Carlos Manuel |
80,925 |
17 |
***6769** |
Díaz |
Díaz |
Fátima |
80,031 |
18 |
***4177** |
Álvarez |
Rodríguez |
María Isabel |
79,6 |
19 |
***5881** |
Penas |
Roibás |
María de los Ángeles |
79,052 |
20 |
***8209** |
Pena |
Fernández |
Laura |
77,976 |
21 |
***3339** |
Molezún |
Goicoa |
Paloma |
77,525 |
22 |
***7706** |
Vidal |
Ferro |
Victoria |
76,671 |
23 |
***9119** |
Mariño |
Pérez |
Miguel Ángel |
76,478 |
24 |
***5310** |
Núñez |
Calo |
Felipe |
69,377 |