Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2022 Páx. 55268

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2022 pola que se nomean funcionarios/as de carreira da escala de auxiliares de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo C1, polo sistema de quenda libre.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, pola quenda libre, en seis (6) prazas da escala de auxiliares de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo C1, vacantes na relación de postos de traballo de persoal funcionario desta universidade, convocadas mediante a Resolución do 5 de novembro de 2019 (DOG do 14 de novembro).

Verificada a concorrencia nos/nas aspirantes aprobados/as dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro.

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, e da delegación de competencias operada mediante a Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020,

Resolve:

Primeiro. Nomear funcionarios/as de carreira, da escala de auxiliares de arquivos, bibliotecas e museos, subgrupo C1, da Universidade da Coruña os/as aspirantes aprobados/as polo sistema de quenda libre que se relacionan no anexo.

Segundo. Para adquiriren a condición de funcionario/a de carreira, as persoas que se relacionan deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, conforme os destinos que se adxudicarán na elección en acto público que se realizará o vindeiro día 3 de outubro de 2022.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 27 de setembro de 2022

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Escala de auxiliares de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo C1)

Nº orde

DNI

1º apelido

2º apelido

Nome

Total

1

***4230**

Blanco

González

Patricia Cristina

86,98

2

***0820**

Babío

Carazo

María Manuela

86,30

3

***0224**

Díaz

Mas

Sofía

84,18

4

***5852**

Seijas

Lago

Mónica

82,95

5

***4209**

Manso

Fernández

María Fernanda

80,70

6

***2220**

Berdullas

Pérez

Raquel

80,62