Mediante a Resolución reitoral do 15 de outubro de 2021 (DOG do 26 de outubro), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional técnico/a especialista de investigación, especialidade bioloxía (microscopía), pola quenda de promoción interna.
Realizado o procedemento selectivo sen que ningunha persoa aspirante o superase, en virtude das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades,
RESOLVO:
Declarar deserta a convocatoria para cubrir unha praza da categoría profesional técnico/a especialista de investigación, especialidade bioloxía (microscopía).
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2022
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela