Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2022 Páx. 55116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 26 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS650G (expediente 150064414 e un máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das resolucións das reclamacións previas ditadas pola xefatura territorial no último domicilio das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar por causa non imputable á Administración, a través deste anuncio notifícanse as ditas resolucións ás persoas citadas no anexo emprazándoas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Xuventude, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento do contido íntegro das ditas resolucións. Transcorrido o prazo, de non o faceren, terase por efectuada a notificación ao vencemento do dito prazo indicado para compareceren.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Infórmase, como consta nas devanditas resolucións que esgotan a vía administrativa, que contra elas poderán interpoñer demanda perante o Xulgado do Social dentro dos trinta (30) días seguintes ao da data da súa notificación por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 26 de agosto de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650G

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Resolución

Data da resolución

150064414

X5716143E

Estimación

8.7.2022

150038022

49684003R

Desestimación

5.8.2022