Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2022 Páx. 55118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 27 de setembro de 2022 pola que se notifica e se fai pública a resolución do procedemento para a declaración de abandono da embarcación Centro Vicente Gradaille, depositada no porto de Celeiro-Viveiro.

De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, e por motivos de interese público que o fan aconsellable, faise pública mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado a resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 12 de setembro de 2022 que declara en situación de abandono a embarcación Centro Vicente Gradaille con folio 6ª-LU-3-3-10, depositada no Departamento D-01 do porto de Celeiro, embarcación da cal segundo os datos do Rexistro Marítimo Español é propietaria a empresa Mantenimientos Integrales Navales, S.L., empresa que rexeitou todas as notificacións efectuadas no procedemento a través do sistema notifica.gal

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese por atoparse a embarcación depositada sen actividade e sen ningún mantemento polo menos desde agosto de 2020, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG núm. 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia, e unha vez que non existe constancia da presentación de alegacións contra o acordo de iniciación do procedemento.

A resolución xa emitida pola Presidencia faise pública para que calquera persoa física ou xurídica que acredite dereitos e/ou intereses lexítimos sobre a embarcación poida comparecer se así o desexa no procedemento durante o prazo previsto para a interposición de recurso, caso en que se lle daría a oportuna audiencia no procedemento, procedéndose noutro caso da maneira exposta nos seguintes parágrafos.

De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011, (DOG núm. 203, do 24 de outubro), do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, Portos de Galicia vai proceder á venda do buque, e de resultar esta falida, ao seu despezamento e traslado a vertedoiro autorizado.

Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se van realizar sobre o buque en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritación serán por conta do propietario.

O presidente de Portos de Galicia emite esta resolución, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia