Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través dos seus representantes debidamente acreditados.
Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, por si ou a través dos seus representantes, poderán comparecer no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, r/ Vicente Ferrer, nº 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para compareceren.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselles que, de non atenderen o acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de 10 días a partir do día seguinte ao da notificación, practicada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, teranse por desistidos da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.
A Coruña, 19 de setembro de 2022
María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Procedemento BS611A Expediente |
Persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
2022/4082-1 |
32790164F |
Requirimento da emenda da solicitude |
28.6.2022 |
2022/3476-1 |
32820837K |
Requirimento da emenda da solicitude |
29.7.2022 |
2022/3764-1 |
77095324Z |
Requirimento da emenda da solicitude |
1.6.2022 |
2022/2735-1 |
47401928D |
Requirimento da emenda da solicitude |
27.4.2022 |
2022/4083-1 |
32784809B |
Requirimento da emenda da solicitude |
27.10.2022 |
2022/2096-1 |
34507995Z |
Requirimento da emenda da solicitude |
25.3.2022 |
2022/2109-1 |
76498387L |
Requirimento da emenda da solicitude |
31.3.2022 |
2022/2954-1 |
Y4781598G |
Requirimento da emenda da solicitude |
3.5.2022 |