Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2022 Páx. 54846

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 3 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación vinculada aos programas de emprego regulados nas ordes do 27 de decembro de 2019 e do 31 de decembro de 2020 para persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo FSE, programa operativo de emprego xuvenil, e se convoca para o ano 2022 (código de procedemento TR349L).

De acordo co disposto no Decreto 58/2022, do 15 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia; e no Decreto 123/2022, do 23 de xuño de 2022, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, correspóndelle a esta o exercicio das competencias e funcións relativas á xestión das políticas activas de emprego e, en concreto, a regulación específica, a convocatoria, a xestión e o control das axudas e subvencións dos programas de axudas para o fomento da contratación por conta allea e a mellora do emprego estable.

Para a Xunta de Galicia a situación de desemprego xuvenil constitúe unha das súas principais preocupacións e o centro de atención das diferentes medidas postas en marcha en materia de políticas activas de emprego. A mocidade galega constitúe un dos grupos de poboación que máis se viron afectados polo proceso de destrución de emprego froito da grave crise económica que estamos a sufrir desde hai varios anos.

O alto nivel de desemprego xuvenil pon de manifesto a grave situación laboral en que se atopan os mozos e mozas que pode ter como consecuencia unha forte desconexión do mercado de traballo e de exclusión social a longo prazo.

Neste sentido, a Estratexia de emprendemento e emprego xuvenil prevé, entre outras medidas, os incentivos á contratación coa finalidade de mellorar a ocupabilidade e a inserción profesional das persoas mozas que nin estudan, nin traballan, nin reciben formación e impedir que a situación de desemprego se prolongue no tempo, xa que deste xeito se reducen as posibilidades dunha reincorporación óptima ao mercado de traballo. Trátase, en definitiva, de prever no posible e, se é o caso, de minimizar os períodos de desemprego obxectivo de especial importancia para a xente nova.

A este obxectivo responde o Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX) regulado no título IV, capítulo I, da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, modificada pola Lei 25/2015, do 28 de xullo, de mecanismo de segunda oportunidade, redución da carga financeira e outras medidas da orde social, e polo Real decreto lei 6/2016, do 23 de decembro, de medidas urxentes para o impulso do SN, modificado polo Real decreto lei 8/2019, do 8 de marzo, de medidas urxentes de protección social e de loita contra a precariedade laboral na xornada de traballo, así como polo Real decreto lei 2/2021, do 26 de xaneiro, de reforzo e consolidación de medidas sociais en defensa do emprego.

Esta orde pretende dar continuidade aos programas de emprego das persoas mozas que combinan dous aspectos relevantes. Nunha primeira fase, subvencionouse en convocatorias previas a formación e a aprendizaxe das persoas mozas a través da súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición da experiencia laboral. Con esta convocatoria quérese dar cumprimento á segunda fase, promovendo a inserción laboral das persoas participantes que remataron a fase de formación e aprendizaxe co resultado de aptas, mediante incentivos á contratación por conta allea para ocupacións impartidas na fase de formación. De xeito máis conciso, regúlanse na presente orde incentivos ás persoas empregadoras e ás empresas con centros de traballo en Galicia que contraten persoas mozas que participasen e obtivesen a cualificación de aptas nos programas de emprego regulados nas ordes do 27 de decembro de 2019 e do 31 de decembro de 2020 e que consten como beneficiarias no SNGX no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O procedemento de concesión non ten a consideración de concorrencia competitiva, dado que a finalidade e o obxectivo último da Iniciativa de Emprego Xuvenil (IEX) e do Programa operativo de emprego xuvenil (POEX) é a mellora da empregabilidade e a inserción laboral da mocidade non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, mediante a creación de postos de traballo, polo que non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión dos incentivos se realiza pola comprobación da concorrencia no solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.

Estas axudas enmárcase dentro do POEX, cofinanciado cunha porcentaxe do 91,89 % pola IEX e o Fondo Social Europeo (FSE) para o período 2014-2020, e en particular:

– Eixe 5. Integración sostible no mercado de traballo das persoas mozas que non se atopan empregadas, nin participan en sistemas de educación ou formación, en particular no contexto da garantía xuvenil (IEX/FSE).

– Obxectivo temático 8: promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral.

– Prioridade de investimento 8.2. Integración sostible no mercado de traballo das persoas mozas (IEX), en particular, de aquelas sen traballo e non integradas nos sistemas de educación ou formación, así como as persoas mozas que corren o risco de sufrir exclusión social e as procedentes de comunidades marxinadas, tamén a través da aplicación de Garantía Xuvenil.

– Obxectivo específico 8.2.4. Aumentar a contratación de carácter indefinido ou estable das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, a través da intermediación e dos incentivos económicos.

– Medida 8.2.4.2. Axudas ao emprego para a contratación de persoas mozas cun período mínimo de permanencia.

Estes incentivos quedan sometidos ao réxime de minimis, nos termos establecidos no Regulamento (UE) da Comisión, núm. 1407/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, e nos regulamentos (UE) da Comisión núm. 717/2014, do 27 de xuño de 2014 (sector pesca e acuicultura) e núm. 1408/2013, do 18 de decembro (sector agrícola).

Nesta convocatoria incorpórase o establecemento de métodos de custos simplificados conforme o disposto no artigo 14 do Regulamento (UE) nº 1304/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de xullo de 2018, «as normas xerais aplicables ás opcións de custos simplificados a título do FSE establécense nos artigos 67,68, 68 bis e 68 ter do regulamento (UE) nº 1303/2013.

En concreto, para a xustificación dos importes das axudas, establécese un baremo estándar de custo unitario, conforme o disposto nos artigos 67.1.b e 67.5.a) i) do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018.

Nestas bases reguladoras prevense medidas para que a subvención concedida non supere o custo elixible e, de ser o caso, a intensidade máxima de axuda, toda vez que o incentivo que se establece para a contratación é inferior ao salario mínimo interprofesional establecido para o ano 2022 mediante o Real decreto 152/2022, do 22 de febreiro, polo que se fixa o salario mínimo interprofesional para 2022.

Consecuentemente con todo o anterior, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo de informe da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos, da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, da Secretaría Xeral da Igualdade e da Intervención Delegada e, no exercicio das facultades que teño conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto, finalidade e principios de xestión

1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2022 do programa de incentivos á contratación por conta allea, que realicen as empresas e persoas empregadoras, vinculados aos programas de emprego regulados nas ordes do 27 de decembro de 2019 e do 31 de decembro de 2020 polas que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do SNGX (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para os anos 2020 e 2021, publicadas no DOG núm. 13 do martes 21 de xaneiro de 2020 e DOG núm. 21, do martes 2 de febreiro de 2021, respectivamente (código de procedemento TR353B). Ambas as dúas ordes cofinanciadas polo FSE, POEX.

2. A finalidade é favorecer o emprego e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas que obtiveron a cualificación de aptas nos programas de emprego descritos no parágrafo anterior.

3. A xestión desta orde realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

Artigo 2. Marco normativo

1. As solicitudes, tramitación e concesión das subvencións axustaranse as seguintes normas: Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; na Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia e na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

2. No que resulte de aplicación axustaranse ao disposto na Lei 38/2003, do 27 de novembro, xeral de subvencións, e o seu Regulamento de desenvolvemento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, e ao disposto nesta orde.

3. Por tratarse de subvencións cofinanciadas polo FSE e pola IEX serán de aplicación: o Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Social Europeo (DOUE L 347, do 20 de decembro de 2013), o Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo (FSE), ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento rural e ao Fondo Europeo marítimo e da Pesca e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao FSE, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, e o Regulamento (UE; Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1296/2013, (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013, (UE) nº 1304/2013, (UE) nº1309/2013, (UE) nº1316/2013, (UE) nº223/2014 e (UE) nº 283/2014 e a Decisión nº 541/2014/UE e polo que se derroga o Reglamento (UE, Euratom) nº 966/2012, así como a Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

Tamén é de aplicación a seguinte normativa europea: Regulamento (UE) nº 2020/558, do Parlamento e do Consello, do 23 de abril de 2020, polo que se modifica, entre outros, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 no que respecta a medidas específicas para ofrecer unha flexibilidade excepcional no uso dos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos en resposta ao gromo de COVID-19; Regulamento (UE) nº 2020/460, do Parlamento e do Consello, do 30 de marzo de 2020, polo que se modifica, entre outros, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 no relativo a medidas específicas para mobilizar investimentos nos sistemas de atención sanitaria dos Estados membros e noutros sectores das súas economías, en resposta ao gromo da COVID-19 (Iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus).

4. Ao tratarse de axudas estatais sometidas ao réxime de minimis seralle de aplicación a normativa detallada no artigo 27.

Artigo 3. Orzamentos

1. A concesión das subvencións previstas nesta orde realizarase con cargo á aplicación 11.04.322C.470.6, código de proxecto 2022 00184, recollida na Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 para a extinta Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, na actualidade denominada Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social (Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia).

O crédito da convocatoria para o exercicio económico 2022 é de 1.741.213 €.

2. Este crédito poderá ampliarse na súa contía máxima para esta convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación, ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. Así mesmo, a ampliación do crédito consignado nesta convocatoria estará condicionado ao informe previo favorable da modificación orzamentaria por parte do Organismo Intermedio do POEJ 2014-2020 en Galicia (actualmente a Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos).

3. A concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. Se é o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Artigo 4. Persoas e entidades beneficiarias

1. Poderán ser persoas e entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nos artigos 5, 6 e 7 desta orde. Tamén poden ser beneficiarios os centros especiais de emprego, e as empresas de inserción laboral excepto para realizar contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social respectivamente.

2. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, así como as entidades sen ánimo de lucro.

3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades nas que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria aquelas que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

5. A xustificación por parte das persoas ou entidades solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 3 e 4 anteriores para obter a condición de beneficiarias realizarase mediante declaración responsable.

Artigo 5. Persoas destinatarias finais

Poderán ser persoas destinatarias finais destas axudas aquelas persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos no momento da selección e da contratación:

a) Que teñan feitos os 18 anos e non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil, de conformidade co artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.

b) Que remataran a fase de formación e aprendizaxe co resultado de aptas nos programas de emprego regulados nas ordes do 27 de decembro de 2019 e do 31 de decembro de 2020 polas que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do SNGX (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que estean desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.

d) Que estean inscritas en situación de beneficiarias no ficheiro do SNGX no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 90.1.a) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.

Artigo 6. Gastos subvencionables

1. Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións por conta allea de persoas mozas participantes dos programas de emprego das convocatorias dos anos 2020 e 2021, que obtivesen a cualificación de aptas na fase de formación, en ocupacións do ámbito das materias impartidas nos programas de emprego detalladas no anexo II.

2. Os contratos terán unha duración mímima de 6 meses e deberán ser a xornada completa. Se a modalidade contractual pola que se opta é de carácter temporal, e por tratarse de contratos de duración determinada que resultan necesarios para a execución de programas de carácter temporal cuxa financiación provén de fondos da Unión Europea, segundo o disposto na disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, utilizarase a modalidade denominada «contrato de duración determinada vinculado a programas financiados con fondos europeos».

3. O período para realizar as contratacións será desde o día seguinte ao da publicación desta orde ata o 15 de novembro de 2022.

4. As contratacións deberán estar realizadas no momento de presentación da solicitude.

Artigo 7. Proceso de selección de persoas candidatas

1. A Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación elaborará un listado de persoas aptas nos programas de emprego e formación enumerados no artigo 1, que remitirá ás oficinas de emprego, logo de comprobar que as ditas persoas constan como beneficiarias no SNGX.

2. As persoas ou entidades empregadoras deberán presentar a oferta de emprego, na oficina de emprego que corresponda e solicitar as persoas candidatas indicando as especialidades escollidas de entre as enumeradas no anexo II desta convocatoria.

3. Unha vez recibida a listaxe de persoas candidatas, as persoas ou entidades empregadoras realizarán as contratacións e as comunicarán, a través da aplicación Contrat@, con carácter previo á solicitude da subvención.

4. No momento da contratación a persoa moza asinará e cumprimentará o anexo IV, no cal se fai constar que non traballou nin recibiu ningunha acción formativa e/ou educativa, no día inmediatamente anterior ao da selección e ao da contratación.

Artigo 8. Exclusións

Quedan excluídas dos beneficios desta orde:

a) As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2.1 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadoras para prestaren servizos noutras empresas mediante contratos de posta á disposición.

b) Os contratos realizados co cónxuxe, os ascendentes, os descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, da empresaria ou do empresario ou das persoas que teñan cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos. Non será aplicable esta exclusión cando a persoa empregadora sexa unha persoa traballadora autónoma que contrate como persoa traballadora por conta allea aos fillos e as fillas menores de 30 anos, tanto se conviven ou non con el, ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas, e contrate un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo.

Artigo 9. Contía dos incentivos

A axuda consistirá nun incentivo único de 6.000 € por cada persoa moza contratada alomenos por 6 meses e cunha xornada a tempo completo.

Artigo 10. Incompatibilidades

1. As axudas previstas nesta orde son incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. Non obstante, serán compatibles, se é o caso, coas bonificacións ou reducións de cotizacións á Seguridade Social.

2. En ningún caso o importe das subvencións concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, supere o custo total da actividade que vaia desenvolver a persoa ou entidade beneficiaria.

Artigo 11. Presentación das solicitudes e prazo

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Deberán cubrirse, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, sendo unicamente válidas as solicitudes que se presente no modelo establecido.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 15 de novembro de 2022.

3. As solicitudes e os anexos deste programa están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

4. A presentación da solicitude supón a aceptación das obrigas reguladas nesta orde para ser beneficiarias da axuda, así como a aceptación da subvención, de ser persoa ou entidade beneficiaria dela.

Artigo 12. Documentación complementaria

1. As persoas ou entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación.

a) Cando se actúe mediante representación, acreditación por calquera medio válido en dereito, que deixe constancia fidedigna. Quedan excepcionadas da dita presentación as persoas ou entidades inscritas no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia que garantan representación para este procedemento.

b) Autorización para a comprobación de datos das persoas traballadoras contratadas (anexo III).

c) Declaracións da persoa traballadora contratada (anexo IV).

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente polo persoa ou entidade interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa ou entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán acadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa ou entidade interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa ou entidade interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

As persoas ou entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa ou entidade interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código do procedemento (TR349L) e o órgano responsable, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Artigo 13. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento o órgano xestor da axuda consultará automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa ou entidade interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) Contrato laboral da persoa traballadora pola que se solicita a subvención.

e) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Administración Tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

h) Consulta concesións pola regla de minimis.

i) Consulta concesións de subvencións e axudas.

j) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións.

k) DNI ou NIE da persoa traballadora contratada.

l) Informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social da persoa traballadora contratada.

m) Inscrición da persoa traballadora contratada como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego, nas datas de referencia (selección e contratación).

n) Inscrición como beneficiaria no ficheiro do SNGX nas datas de referencia (selección e contratación).

2. No caso de que as persoas ou entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa ou entidade interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas ou entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A persoa ou entidade beneficiaria e as persoas destinatarias finais das axudas, mediante a sinatura dos anexos I e III respectivamente, autorizan expresamente ao organismo intermedio do programa operativo de Emprego Xuvenil (a Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos) a consultar a información relativa á obriga de manter o contrato de traballo durante un mínimo de 6 meses.

Para tal fin, a persoa ou entidade beneficiaria someterase ás actuacións de comprobación e control, e facilitará toda a información requirida polos órganos verificadores establecidos en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

Artigo 14. Emenda das solicitudes

A unidade administrativa encargada da instrución do expediente comprobará se a solicitude ou documentación presentada reúne os requisitos exixidos nesta orde e, no suposto de que se observe algún defecto ou sexa incompleta a documentación, de conformidade co disposto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, requirirá a persoa ou entidade interesada para que a emende no prazo máximo e improrrogable de dez días, indicándolle que, se así non o fixer, se lle terá por desistido da súa solicitude, logo da resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 15. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas ou entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa ou entidade interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 16. Órgano competente

A competencia para coñecer e resolver as solicitudes de axudas presentadas ao abeiro desta orde, por delegación da persoa titular da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade corresponderalle á persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.

Artigo 17. Procedemento de concesión, instrución e tramitación

1. O procedemento de concesión das solicitudes presentadas ao abeiro desta orde é de concorrencia non competitiva e polo tanto axustarase ao disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e finalidade da subvención non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.

2. O órgano instrutor dos expedientes será a Subdirección Xeral de Emprego.

3. En aplicación dos principios de eficacia na asignación e utilización dos recursos públicos establecidos na Lei de subvencións de Galicia, e sendo unha convocatoria de subvencións en concorrencia non competitiva, a orde de prelación para a resolución das solicitudes virá determinado pola data na que se tivese presentado a documentación completa requirida nestas bases reguladoras, ata esgotar o crédito.

Artigo 18. Resolución

1. A resolución de outorgamento da subvención comprenderá a identificación da persoa ou entidade beneficiaria, a contía da subvención, as obrigas que correspondan á persoa ou entidade beneficiaria, cos requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa axuda, o plan financeiro e o prazo de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA).

Así mesmo, na resolución informarase a persoa beneficiaria que a axuda é cofinanciada polo FSE e IEX (porcentaxe do 91,89 %), con expresión do eixe, obxectivo temático, prioridade de investimento, obxectivo específico, liña de actuación ou medida e porcentaxe de financiamento correspondente. Igualmente informarase que estas axudas se someten ao réxime de minimis establecido no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo a aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea as axudas de minimis, e nos regulamentos (UE) núm. 717/2014, do 27 de xuño de 2014 (sector pesca e acuicultura) e núm.1408/2013, do 18 de decembro (sector agrícola).

2. A resolución de concesión emitirase atendendo ás manifestacións contidas nas declaracións responsables recollidas no formulario de solicitude, subscritas pola persoa que as realiza, baixo a súa responsabilidade e coas repercusións que ten a súa falsidade reguladas na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

3. Toda vez que os requisitos para ser persoa ou entidade beneficiaria desta axuda se deben cumprir con anterioridade á presentación da solicitude e que as obrigas asumidas pola persoa ou entidade beneficiaria se recollen na presente orde no artigo 24, non é necesaria a aceptación expresa ou tácita da resolución regulada no artigo 21.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e enténdese aceptada coa presentación da solicitude.

4. Entenderase que a persoa ou entidade solicitante desiste da súa solicitude cando a persoa traballadora pola que se solicita subvención cause baixa na empresa solicitante en data anterior á resolución da concesión da axuda. A empresa solicitante está obrigada a comunicar esta situación ao órgano ante o que solicitou a axuda.

O nome das entidades beneficiarias será publicado na lista de operacións prevista no artigo 115 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao FSE e outros fondos.

5. As persoas ou entidades interesadas teñen dereito que non se fagan públicos os seus datos cando concorra algunha das causas previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. O prazo para resolver e notificar é dun mes, que se computará desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o devandito prazo sen que se ditase resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 19. Notificacións

1 As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas ou entidades interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas ou entidades interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través so Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas ou entidades interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 20. Réxime de recursos

1. As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa e poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada. Todo o anterior de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

2. No suposto de esgotamento do crédito e, de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social se publicará o esgotamento do crédito das partidas orzamentarias asignadas no Diario Oficial de Galicia co texto íntegro da resolución denegatoria por esgotamento do crédito, con indicación de que a dita resolución esgota a vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa ou poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición de acordo co disposto no punto 6 deste artigo.

Artigo 21. Modificación da resolución de concesión

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión segundo o principio de proporcionalidade a que se refire o artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 22. Xustificación, pagamento e perda do dereito ao cobro

1. No prazo máximo de 10 días desde a notificación da resolución de concesión da axuda, a persoa ou entidade beneficiaria deberá presentar, telematicamente:

– O anexo V coa declaración da persoa traballadora contratada, conforme foi informada de que o seu contrato está financiado pola Xunta de Galicia (Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade) e polo Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil, segundo o modelo que figura na sede electrónica da Xunta de Galicia.

– Fotografías nas que se visualice o centro de traballo e se distinga claramente un cartel dun tamaño mínimo A3·de información do apoio dos fondos recibidos.

– No caso de que as persoas ou entidades beneficiarias dispoñan de páxina web, é necesario que remitan un enlace ao sitio onde se informe sobre a axuda financeira recibida da Unión Europea, segundo o modelo que figura na Sede electrónica da Xunta de Galicia.

– Extracto do balance provisional contable da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e da subvención concedida.

2. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido no anterior parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención.

3. O pagamento da axuda ordenarase unha vez recibida a documentación xustificativa, no número de conta, con inclusión do IBAN, indicado no anexo I de solicitude.

Artigo 23. Devolución voluntaria da subvención

1. No caso de que o contrato subvencionado se extinga antes de 6 meses por baixa voluntaria da persoa traballadora e a persoa ou entidade beneficiaria opte por non substituíla poderá devolver a parte proporcional da axuda recibida con carácter voluntario e sen o requirimento previo da administración, conforme o disposto no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

2. A devolución da axuda, farase mediante o ingreso na conta ES82 2080 0300 8731 1006 3172, en concepto de devolución voluntaria da subvención.

3. En todo caso, a entidade beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, en que conste a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 24. Obrigas das persoas ou entidades beneficiarias

Son obrigas das entidades beneficiarias dos incentivos:

a) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

b) Someterse ás actuacións de comprobación, inspección e control que efectuará a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. En especial, por tratarse de axudas cofinanciadas co FSE e a IEX, a persoa ou entidade beneficiaria quedará sometida ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e seguemento do POEX 2014-2020, que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

c) Comunicar ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas persoas ou entidades beneficiarias e, de ser o caso, a solicitude e a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza, e en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos, tal e como establece o artigo 11.d) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

d) Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.

e) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

Agás aquelas entidades beneficiarias que pola normativa vixente estean exentas da obriga de levar a cabo unha contabilidade, as entidades beneficiarias teñen a obriga de levar unha contabilidade separada ou un código contable axeitado para os ingresos da subvención.

f) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. En especial, e dado que as subvencións concedidas ao abeiro desta orde están cofinanciadas polo FSE e a IEX, as persoas ou entidades beneficiarias deberán manter unha pista de auditoría suficiente, manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un prazo de dous anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas anuais en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída, de conformidade co disposto no artigo 140.1 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. O comezo dese prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos.

g) Adoptar as medidas axeitadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. En especial, e dado que as subvencións concedidas ao abeiro desta orde están cofinanciadas pola IEX cumprir coas medidas de comunicación e información establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do 17 de decembro de 2013 modificado polo Regulamento (UE, Euratom) núm. 2018/1046 e polo Regulamento (UE) nº 2020/2221. En particular, as accións de información e comunicación contarán co emblema da Unión Europea e a referencia ao FSE e nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo de A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

h) Facilitar as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións, que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e de resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013 relativo ao FSE.

Os indicadores de produtividade relativos á persoa solicitante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do participante coa actuacións subvencionadas, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención. Así mesmo, a Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

Para estes efectos, seralles facilitado ás entidades beneficiarias o acceso á aplicación PARTICIPA1420».

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

j) Obriga de mantemento do emprego: manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora contratada durante un período mínimo de 6 meses, agás baixa voluntaria da persoa traballadora, caso no que a beneficiaria poderá optar preferentemente por substituíla no prazo máximo dun mes polo tempo que reste para cumprir coa obriga de mantemento do emprego, por outra persoa moza, que cumpra os requisitos establecidos no artigo 5, ou, de non ser así, optar por devolver voluntariamente a contía proporcional calculada conforme se establece na letra e) do artigo seguinte.

As baixas voluntarias deberán comunicarse por medios telemáticos ao órgano xestor das axudas no prazo de 5 días desde que se produza, achegando a declaración da persoa traballadora na que se indique o motivo da baixa, segundo o modelo dispoñible na sede electrónica.

A devolución voluntaria deberá realizarse conforme o establecido no artigo 23.

A contratación da persoa substituta deberá levarse a cabo nos mesmos termos que a persoa inicialmente contratada, axustándose ao disposto no artigo 7 para o proceso de selección e deberase comunicar no prazo dun mes desde que se produza a baixa voluntaria, a través da aplicación Contrat@ e tamén mediante Sede electrónica ao órgano xestor da axuda.

k) Informar as persoas destinatarias que as actuacións nas que participan están financiadas pola Xunta de Galicia (Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade) e polo FSE/IEX, así como dos obxectivos dos fondos, figurando os emblemas, como mínimo, nesta comunicación.

l) Cumprir con cantas obrigas deriven da normativa de aplicación do cofinanciamento polo FSE e a IEX.

Artigo 25. Incumprimento das obrigas e reintegro

1. As obrigas de reintegro establecidas nesta orde, entenderanse sen prexuízo das sancións que puideran corresponder conforme o establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, que aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

2. Procederá o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e nos supostos seguintes:

a) Polo incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude de outras axudas: reintegro do 10 % da axuda concedida.

b) Polo incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas concorrentes: reintegro do 100 % do importe da subvención percibida máis xuros de demora.

c) Polo incumprimento das obrigas de información e publicidade establecida na letra g) do artigo 24: reintegro do 2 % da contía da subvención percibida.

d) Polo incumprimento da obriga de manter unha contabilidade separada: reintegro do 2 % da subvención percibida.

e) No caso de incumprimento de mantemento do emprego por un período mínimo de 6 meses: reintegro total da axuda, agás no caso de baixa voluntaria ou falecemento da persoa traballadora, que procederá o reintegro parcial da axuda concedida, de xeito que a contía que se vai reintegrar será a que corresponda ao período en que o posto estivo vacante. Igual criterio de reintegro parcial procederá no caso de que se realizase a substitución nun prazo superior ao establecido na letra j) do artigo 24.

Artigo 26. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da referida Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se encontren vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 27. Axudas concedidas baixo as condicións do réxime de minimis

Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis, nos termos establecidos no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo a aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L352, do 24 de decembro); ao Regulamento (UE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L190, do 28 de xuño) e ao Regulamento (UE) núm. 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L352, do 24 de decembro). Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que, no caso de axudas a empresas, de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais; para as empresas do sector de transporte de mercadorías por estrada, este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar os 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios. Para o cómputo dos límites deste réxime de axudas terase en conta o concepto de «única empresa» establecido no Regulamento (UE) nº 407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013.

Artigo 28. Seguimento e control

1. Sen prexuízo das facultades que teñen atribuídas outros órganos da Administración de Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade levará a cabo funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos programas.

2. A Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social poderá comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados. Para estes efectos, as entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas que se establezan nesta orde e na resolución de concesión.

3. Para realizar estas funcións poderanse utilizar cantos medios estean ao dispor da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación.

Disposición adicional primeira. Delegación de competencias

Apróbase a delegación de atribucións na persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, e para resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polas persoas ou entidades beneficiaria, respecto das resolucións concesorias das que derivan, ditadas por delegación da persoa titular da consellería.

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade na persoa titular da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social para a tramitación e resolución dos expedientes de redistribución dos créditos necesarios para o financiamento desta orde.

Disposición adicional segunda. Comunicación á Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co previsto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase a información necesaria á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

Disposición adicional terceira. Feitos constitutivos de fraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total o parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo nacional de coordinación antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto no enderezo web http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf, e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 3 de abril, do citado servizo.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento da orde

Facúltase a Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2022

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción del Empleo e Igualdad

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Especialidade formativas de certificados de profesionalidad

TR349L: incentivos á contratación de persoas mozas no marco do programa operativo de emprego xuvenil

Código certificado

Descripción da especialidade formativa

Nivel do certificado

Ocupacións máis relevantes relacionados coa especialidade formativa do certificado

ADGG0508

Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos

1

Operador/a gravador/a de datos en computador. Auxiliar de oficina. Auxiliar de arquivo. Operador/a documental. Auxiliar de dixitalización.

AFDA0211

Animación físico-deportiva e recreativa

3

Animador/a físico-deportivo e recreativo. Coordinador/a de actividades de animación deportiva. Monitor/a de actividades físico-deportivas e recreativas en campamentos.

AFDA0210

Acondicionamiento físico en sala de adestramento polivalente

3

Monitor/a de aparellos de ximnasio. Adestrador/a de acondicionamento físico nas SEPs de ximnasios ou polideportivos. Preparador/a físico/a. Adestrador/a persoal. Promotor/a, animador/a de actividades de acondicionamento físico. Coordinador/a de actividades de «fitness». Técnico/a de apoio na preparación física de deportistas. Instrutor/a das actividades anteriores para colectivos especiais.

AFDP0109

Socorrismo en instalacións acuáticas, AFDP0209 socorrismo en espazos acuáticos naturais

2

Bañista-socorrista. Socorrista en piscinas, piscinas naturais e parques acuáticos.

AFDP0209

Socorrismo en espazos acuáticos naturais

2

Bañista-socorrista. Socorrista en praias marítimas e fluviais, en lagoas e encoros. Socorrista de apoio en unidades de intervención acuática. Socorrista en actividades acuáticas no contorno natural e en actividades náutico-deportivas.

AGAF0108

Froitocultura

2

Traballador/a agrícola de froiteiros, en xeral. Froitocultor/a. Traballador/a agrícola de cítricos. Traballador/a agrícola da vide. Traballador/a agrícola da oliveira. Enxertador/a e/ou podador/a. Aplicador/a de praguicidas. Viticultor/a. Olivicultor/a.

AGAO0108

Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería

1

Peón/peona agrícola, en xeral. Peón/peona de horticultura, xardinería. Peón/peona de viveiro. Peón/peona de centros de xardinería.

AGAO0208

Instalación e mantemento e xardíns e zonas verdes

2

Traballador/a de hortas, viveiros e xardíns, en xeral. Traballador/a e conservador/a de parques urbanos, xardíns históricos e botánicos. Xardineiro/a, en xeral. Xardineiro/a coidador/a de campos de deporte. Traballador/a cualificado na instalación de xardíns e zonas verdes. Traballador/a cualificado de mantemento e mellora de xardíns e zonas verdes. Traballador/a cualificado por conta propia en empresa de xardinería.

AGAR0208

Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas

2

Encargado/a ou capataz forestal. Traballador/a forestal, en xeral. Traballador/a especialista de empresas de repoboación. Traballador/a especialista de empresas que realicen traballos corrección hidrolóxico-forestal. Traballador/a especialista de empresas que realizan tratamentos silvícolas. Traballador/a especialista de empresas que realicen traballos de construción e mantemento de camiños. Traballador/a especialista por conta propia en traballos de repoboación e tratamentos silvícolas.

AGAR0209

Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais

1

Peón/peona forestal. Peón/peona en explotacións forestais. Peón/peona en empresas de tratamentos silvícolas.

AGAR0309

Actividades auxiliares de conservación e mellora de montes

1

Peón/peona forestal. Aplicador/a de nivel básico de praguicidas de uso fitosanitario. Peón/peona en explotacións forestais. Peón/peona en empresas de tratamentos silvícolas.

ARGG0110

Deseño de produtos gráficos

3

Deseñador/a gráfico. Grafista. Maquetista. Arte finalista.

ARGN0110

Desenvolvemento de produtos editoriais multimedia

3

Técnico/a de deseño multimedia. Técnico/a de proxectos editoriais multimedia. Técnico/a en produción multimedia. Deseñador/a de produtos editoriais multimedia. Asistente/a ao/a consultor/a en publicación multimedia. Maquetista de proxectos multimedia.

COMM0112

Xestión de márketing e comunicación

3

Técnico/a en publicidade e/ou relacións públicas. Técnico/a medios en publicidade e/ou relacións públicas. Técnico/a superior en publicidade e relacións públicas, en xeral. Técnico/a en organización de feiras e eventos. Organizador/a de eventos de márketing e comunicación. Asistentes do xefe/a de produto. Técnico/a en márketing. Auxiliares de medios en empresas de publicidade. Controladores de cursaxe ou emisión en medios de comunicación.

EOCB0108

Fábricas de albanelaría

2

Albanel. Colocador/a de ladrillo cara vista. Albanel. Mamposteiro/a. Colocador/a de bloque prefabricado. Albanel tabiqueiro. Albanel pedra construción. Oficial/ala de miras. Xefe/a de equipo de fábricas de albanelaría.

EOCB0109

Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción

1

Peón/peona da construción de edificios. Operario/a de acabados. Axudante/a de albanel. Axudante/a de pintor/a. Peón/peona especializado.

EOCB0208

Operaciones auxiliares de albanelaría de fábricas e cubertas

1

Operario/a de albanelaría. Operario/a de cubertas. Axudante/a de albanel. Albanel tabiqueiro. Colocador/a de bloque prefabricado. Peón/peona especializado.

EOCB0210

Revestimentos con pasta e argamasas na construción

2

Aplicador/a de revestimentos continuos de fachadas. Revogador/a (construción). Enucidor/a-xesista. Aplicador/a de monocapa. Xefe/a de equipo de revestimentos con pastas e argamasas.

EOCB0211

Pavimento e albanelaría de urbanización

2

Pavimentador/a con badoquiñas. Poceiro/a en redes de saneamento. Albanel de urbanización. Pavimentador/a con baldosas e lousas. Pavimentador/a a base de formigón. Xefe/a de equipo de albaneis de urbanización.

EOCJ0311

Operaciones básicas de revestimentos lixeiros e técnico/as en construción

1

Colocador/a de pavimentos lixeiros, en xeral. Colocador/a de moqueta. Peón/peona da construción de edificios. Peón/peona especializado. Operario/a de acabados. Axudante/a de instalador/a de placa de xeso laminado.

FMEC0108

Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe

2

Caldereiro/a-tubeiro/a. Tubeiro/a industrial. Tubeiro/a naval.

HOTI0108

Promoción turística local e información ao visitante

3

Axente de desenvolvemento turístico local. Técnico/a de información turística. Informador/a turístico. Xefe/a de oficina de información turística. Promotor/a turístico. Promotor/a turístico. Técnico/a de empresa de consultaría turística. Coordinador/a/a de calidade en empresas e entidades de servizos turísticos.

HOTR0108

Operacións básicas de cociña

1

Auxiliar de cociña. Axudante/a de cociña. Empregado/a de economato e adega (hostalaría), de pequeno establecemento de restauración

HOTR0109

Operacións básicas de pastelaría

1

Axudante/a de pastelaría, de almacén de pastelaría. Empregado/a de establecemento de pastelaría.

HOTR0408

Cociña

2

Cociñeiro/a.

HOTR0508

Servizos de bar e cafetaría

2

Barman camareiro/a de bar-cafetería. Camareiro/a de barra e/ou dependente de cafetería. Encargado/a de bar-cafetería. Xefe/a de barra en bar ou cafetería.

HOTR0608

Servizos de restaurante

2

Camareiro/a. Camareiro/a de sala ou xefe/a de rango. Xefe/a de sector/a de restaurante ou sala.

IEXD0409

Cantería_colocación de pedra natural (iexd)

2

Mamposteiro/a, marmorista/a da construción.

IFCD0110

Confección e publicación de páxinas web

2

Desenvolvedor/a de páxinas web. Mantedor/a de páxinas web.

IFCD0112

Programación con linguaxes orientadas a obxectos e bases de datos relacionais

3

Programador/a de aplicacións de xestión. Técnico/a en data mining (minaría de datos).

IFCD0210

Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web

3

Programador/a de aplicacións informáticas. Técnico/a da web. Programador/a web. Programador/a multimedia.

IFCD0211

Sist. de xestión de información

3

Xestor/a de contidos, de portais web. Administrador/a de sistemas de contidos. Integrador/a de sistemas de información.

IFCT0209

Sist. microinformaticos

2

Técnico/a en sistemas microinformáticos. Instalador/a de equipos microinformáticos. Reparador/a de microordenador/es. Comercial de microinformática. Persoal de soporte técnico/a. Operador/a de teleasistencia.

IFCT0309

Montaxe e reparación de sistemas microinformáticos

2

Reparador/a de equipos microinformáticos. Reparador/a de equipos microinformáticos. Reparador/a de periféricos de sistemas microinformáticos.

IMST0109

Produción fotográfica

3

Fotógrafo/a, en xeral reporteiro/a, informador/a gráfico, retocador/a fotográfico.

IMSV0209

Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos

3

Integrador/a multimedia audiovisual. Desenvolvedor/a de produtos audiovisuais multimedia. Grafista dixital. Editor/a de contidos audiovisuais multimedia interactivos e non interactivos. Desenvolvedor/a de aplicacións multimedia. Axudante/a de realización en multimedia. Técnico/a en sistemas multimedia.

MAMD0109

Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintaría e moble

1

Chapeador/a e/ou acabador/a de mobles de madeira. Acoitelador/a vernizador/a de parqué. Vernizador/a-lacador/a de mobles e/ou artesanía de madeira. Operador/a de tren de acabado de mobles. Peón/peona da industria da madeira e cortiza. Operador/a de máquina lixador/a (fabricación de produtos de madeira). Vernizador/a-lacador/a artesanía de madeira. Vernizador/a lacador/a de moble de madeira.

MAMD0209

Traballos de carpintaría e moble

1

Montador/a de mobles de madeira ou similares, de produtos de madeira e/ou ebanistaría en xeral. Embalador/a-empaquetador/a á man. Peón/peona da industria da madeira e da cortiza.

MAMR0308

Mecanizado de madeira e derivados

2

Operador/a de máquinas fixas para fabricar produtos de madeira.

MAMS0108

Instalación de elementos de carpintaría

2

Xefe/a de equipo de carpinteiros de madeira. Carpinteiro/a de armar en construción de taller carpintaría de madeira (construción). Encargado/a de taller de carpintaría de madeira. Carpinteiro/a en xeral. Carpinteiro de decorados. Montador/a de portas blindadas

MAPN0212

Goberno de embarcacións e motos náuticas destinadas ao socorrismo acuático

2

Mariñeiro/a de cuberta (excepto pesca). Mariñeiro/a de ponte. Patrón/patroa de embarcación ata 10 m de eslora en equipos de socorrismo. Patrón/patroa de embarcación ata 10 m de eslora en unidades de intervención.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file