Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2022 Páx. 55079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se inclúen no Censo do patrimonio cultural de Galicia varias embarcacións tradicionais.

A Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do artigo 149.1.28 da Constitución española e segundo o disposto no artigo 27 do Estatuto de autonomía, asume a competencia exclusiva en materia de patrimonio cultural. En exercicio desta, apróbase a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG núm. 92, do 16 de maio), en diante, LPCG.

O título V da LPCG regula o patrimonio cultural inmaterial de Galicia, co fin de salvagardalo mediante distintas medidas dirixidas a garantir a súa visibilidade, como a identificación, documentación, investigación, preservación, protección, promoción, valorización, transmisión e revitalización deste patrimonio nos seus distintos aspectos.

O Decreto 52/2019, do 9 de maio, polo que se declaran ben de interese cultural as técnicas construtivas da carpintaría de ribeira (DOG núm. 99, do 27 de maio), en diante Decreto 52/2019, declara as técnicas construtivas da carpintaría de ribeira como unha manifestación inmaterial do patrimonio cultural de Galicia. Este decreto establece, no seu anexo II, as medidas de salvagarda para as técnicas construtivas da carpintaría de ribeira, entre as que se atopa o Censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia.

Antecedentes.

1. Na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural entraron vinte e sete solicitudes de anotación de embarcacións tradicionais no Censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, como manifestación das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira.

2. No Servizo de Inventario abríronse os correspondentes expedientes administrativos, que están completos, e nos cales constan os informes dos mestres carpinteiros de ribeira e da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira que conclúen que as vinte e sete embarcacións poden ser consideradas como embarcacións tradicionais galegas.

3. O 21.7.2022 reúnese o órgano de xestión para as medidas de salvagarda das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira, e acorda recoñecer como embarcacións tradicionais galegas as seguintes:

Nome da embarcación

Folio

Núm. de expediente. Servizo de Inventario

As Netas

7ª GI-4-1-93

SI.2021.081.CEN

Xeiteiro

7ª VILL-4-3-13

SI-2022-0027.CLA

Enanita

7ª VILL-1-23-10

SI-2022-0031.CLA

Visenta

7ª CO-6-1-16

SI-2022-0033.CLA

Orixes

7ª VILL-4-21-06

SI-2022-0036.CLA

Coruxo

8ª VI-5-7-06

SI-2022-0037.CLA

Tesedeira

7ª VILL-1-14-10

SI-2022-0040.CLA

Secreta

7ª VILL-4-2-08

SI-2022-0041.CLA

Fuxe

SI-2022-0042.CLA

Chilera

7ª VILL-4-4-10

SI-2022-0043.CLA

Illa de Toralla

8ª VI-5-3-11

SI-2022-0050.CLA

Praia da Fontaiña

8ª VI-5-12-05

SI-2022-0051.CLA

Praia do Vao

8ª VI-5-14-05

SI-2022-0052.CLA

Maraxe-12

7ª VILL-1-7-97

SI-2022-0054.CLA

Delia

7ª VILL-4-15-08

SI-2022-0115.CLA

Caramecha

7ª VILL-4-19-09

SI-2022-0116.CLA

Mimela

7ª VILL-4-10-08

SI-2022-0117.CLA

Rosalía Dúas

7ª VILL-4-11-08

SI-2022-0118.CLA

Carminha

7ª VILL-4-14-08

SI-2022-0119.CLA

Bote de Pao

SI-2022-0129.CLA

Beliña

7ª VILL-1-42-97

SI-2022-0169.CLA

Bicoca

7ª VI-1-25-06

SI-2022-0212.CLA

Coninha

7ª VI-1-5-99

SI-2022-0213CLA

Jatiña

7ª VILL-1-19-99

SI-2022-0214.CLA

Praia da Panadeira

7ª VILL-3-50-10

SI-2022-0215.CLA

Surfeira

7ª VILL-1-101-98

SI-2022-0216.CLA

Vigo Cinco

8ª VI-5-13-05

SI-2022-0245.CLA

Consideracións xurídicas.

1. A competencia para resolver o presente expediente corresponde á directora xeral de Patrimonio Cultural, segundo o artigo 19.1 do Decreto 119/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (DOG núm. 126, do 4 de xullo).

2. O artigo 14 da LPCG regula o Censo do patrimonio cultural e o seu ordinal terceiro establece o seguinte: «a inclusión dun ben no Censo do patrimonio cultural non determinará a necesidade de autorización administrativa previa para as intervencións sobre o dito ben. O Censo servirá como elemento de referencia para a emisión dos informes que sexan competencia da consellería competente en materia de patrimonio cultural. Así mesmo, servirá como instrumento complementario para os responsables da xestión sustentable dos recursos culturais, a ordenación do territorio e o desenvolvemento económico».

3. O artigo 91.1 da LPCG define o patrimonio etnolóxico protexido legalmente do seguinte xeito: «Para os efectos desta lei, integran o patrimonio etnolóxico de Galicia os lugares, bens mobles ou inmobles, as expresións, así como as crenzas, coñecementos, actividades e técnicas transmitidas por tradición, que se consideren relevantes ou expresión testemuñal significativa da identidade, a cultura e as formas de vida do pobo galego ao longo da historia».

As técnicas construtivas da carpintaría de ribeira constitúen pois manifestacións inmateriais dese patrimonio etnolóxico obxecto de protección, e o seu réxime xurídico complétase co Decreto 52/2019 polo que se declaran ben de interese cultural as técnicas construtivas da carpintaría de ribeira, que no seu punto 2 do seu anexo II establece que: «para o coñecemento e difusión das embarcacións que teñan a consideración de embarcación tradicional galega e dos barcos históricos de Galicia, así como para promover outras medidas de fomento para a súa conservación e protección, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural xestionará un censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, de rexistro voluntario, no cal as embarcacións serán anotadas, despois do informe do órgano de xestión ou os informes técnicos que correspondan, que avaliará a antigüidade, autoría ou correspondencia cos modelos tipolóxicos. O devandito censo, entendido como unha sección do Censo do patrimonio cultural, conterá información sobre a súa denominación, a súa tipoloxía, os datos descritivos e dimensionais básicos e a localización do seu porto habitual».

Así pois, as embarcacións tradicionais relacionadas no ordinal terceiro dos antecedentes da presente resolución, á vista dos informes que constan nos respectivos expedientes administrativos, e segundo o acordo acadado polo órgano de xestión para as medidas de salvagarda das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira, na súa xuntanza do 21 de xullo de 2022, reúnen os requisitos para a súa inclusión no Censo do patrimonio cultural de Galicia.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Anotar no Censo do patrimonio cultural de Galicia, na sección Censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, as embarcacións tradicionais relacionadas no ordinal terceiro dos antecedentes da presente resolución, cuxas descricións figuran no anexo I.

Segundo. Ordenar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar esta resolución ás persoas interesadas.

Cuarto. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2022

A directora xeral de Patrimonio Cultural
P.S. (Decreto 119/2022, do 23 de xuño; DOG núm. 126, do 4 de xullo)
Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa

ANEXO I

Descrición dos bens

Denominación da embarcación

Indicativo de matrícula

Categoría

Tipoloxía

Datos descritivos e dimensionais básicos

Localización do seu porto habitual

As Netas

7ª GI-4-1-93

Embarcación tradicional galega

Bote

Ten unha dimensión de 6,02 de eslora; 1,70 de manga; e 0,70 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,73 T.R.B.

Oleiros

Xeiteiro

7ª VILL-4-3-13

Embarcación tradicional galega

Motora das Artes (anos 50-60)

Ten unha dimensión de 9,45 (T) de eslora; 2,75 de manga; e 1,05 de puntal. Ademais, posúe unha tonelaxe de 5,60 T.R.B.

O Grove

Enanita

7ª VILL-1-23-10

Embarcación tradicional galega

Dorna Cordeleira

Ten unha dimensión de 4,6L de eslora; 1,63 de manga; e 0,60 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,00 T.R.B.

Ribeira

Visenta

7ª CO-6-1-16

Embarcación tradicional galega

Buceta (canoa muradá)

Ten unha dimensión de 5,15 (L) de eslora; 1,66 de manga; e 0,74 de puntal. Ademais, posúe unha tonelaxe de 1,49 T.R.B.

Muros

Orixes

7ª VILL-4-21-06

Embarcación tradicional galega

Dorna Polbeira

Ten unha dimensión de 4,50 de eslora; 1,63 de manga; e 0,60 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,65 T.R.B.

O Grove

Coruxo

8ª VI-5-7-06

Embarcación tradicional galega

Galeón

Ten unha dimensión de 9,00 (L) de eslora; 3,20 de manga; e 0,95 de puntal. Ademais, posúe unha tonelaxe de 4,00 G.T.

Vigo

Tesedeira

7ª VILL-1-14-10

Embarcación tradicional galega

Dorna Cordeleira

Ten unha dimensión de 4,97 (L) de eslora; 1,80 de manga; e 0,66 de puntal. Ademais, posúe unha tonelaxe de 1,69 T.R.B.

Ribeira

Secreta

7ª VILL-4-2-08

Embarcación tradicional galega

Dorna Cordeleira

Ten unha dimensión de 4,55 de eslora; 1,46 de manga; e 0,50 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 0,93 T.R.B.

O Grove

Fuxe

7ª VILL-4-11-93

Embarcación tradicional galega

Dorna Cordeleira

Ten unha dimensión de 4,00 de eslora; 1,55 de manga; e 0,62 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 0,94 T.R.B.

O Grove

Chilera

7ª VILL-4-4-10

Embarcación tradicional galega

Dorna Cordeleira

Ten unha dimensión de 4,35 (L) de eslora; 1,60 de manga; e 0,62 de puntal. Ademais, posúe unha tonelaxe de 1,47 T.R.B.

O Grove

Illa de Toralla

8ª VI-5-3-11

Embarcación tradicional galega

Dorna de Tope

Ten unha dimensión de 7,27 (L) de eslora; 2,46 de manga; e 1,28 de puntal. Ademais, posúe unha tonelaxe de 1,37 G.T.

Vigo

Praia da Fontaíña

8ª VI-5-12-05

Embarcación tradicional galega

Gamela coruxeira

Ten unha dimensión de 4,50 de eslora; 1,65 de manga; e 0,58 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 0,90 T.R.B.

Vigo

Praia do Vao

8ª VI-5-14-05

Embarcación tradicional galega

Bote Polbeiro de Bueu

Ten unha dimensión de 4,90 de eslora; 2,20 de manga; e 0,75 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,83 T.R.B.

Vigo

Maraxe-12

7ª VILL-1-7-97

Embarcación tradicional galega

Dorna Cordeleira

Ten unha dimensión de 4,50 de eslora; 1,55 de manga; e 0,57 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 0,68 T.R.B.

Ribeira

Delia

7ª VILL-4-15-08

Embarcación tradicional galega

Dorna Polbeira

Ten unha dimensión de 4,64 (T) de eslora; 1,72 de manga; e 0,64 de puntal. Ademais, posúe unha tonelaxe de 1,00 T.R.B.

O Grove

Caramecha

7ª VILL-4-19-09

Embarcación tradicional galega

Dorna Polbeira

Ten unha dimensión de 4,67 (L) de eslora; 1,74 de manga; e 0,65 de puntal. Ademais, posúe unha tonelaxe de 1,49 T.R.B.

O Grove

Mimela

7ª VILL-4-10-08

Embarcación tradicional galega

Dorna Polbeira

Ten unha dimensión de 4,64 (T) de eslora; 1,72 de manga; e 0,64 de puntal. Ademais, posúe unha tonelaxe de 1,00 T.R.B.

O Grove

Rosalía Dúas

7ª VILL-4-11-08

Embarcación tradicional galega

Dorna Polbeira

Ten unha dimensión de 4,67 (T) de eslora; 1,70 de manga; e 0,67 de puntal. Ademais, posúe unha tonelaxe de 1,00 T.R.B.

O Grove

Carminha

7ª VILL-4-14-08

Embarcación tradicional galega

Dorna Polbeira

Ten unha dimensión de 4,67 (T) de eslora; 1,74 de manga; e 0,66 de puntal. Ademais, posúe unha tonelaxe de 1,00 T.R.B.

O Grove

Bote de Pao

7ª FE-4-19-08

Embarcación tradicional galega

Bote Polbeiro de Ferrol

Ten unha dimensión de 5,80 de eslora; 2,17 de manga; e 0,67 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 2,44 T.R.B.

Ferrol

Beliña

7ª VILL-1-42-97

Embarcación tradicional galega

Dorna Cordeleira

Ten unha dimensión de 4,70 de eslora; 1,70 de manga; e 0,70 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,38 T.R.B.

Ribeira

Bicoca

7ª VI-1-25-06

Embarcación tradicional galega

Dorna Polbeira

Ten unha dimensión de 4,65 (L) de eslora; 1,71 de manga; e 0,69 de puntal. Ademais, posúe unha tonelaxe de 3,19 T.R.B.

Portonovo-Sanxenxo

Coninha

7ª VI-1-5-99

Embarcación tradicional galega

Dorna Polbeira

Ten unha dimensión de 4,65 (L) de eslora; 1,73 de manga; e 0,60 de puntal. Ademais, posúe unha tonelaxe de 1,00 T.R.B.

Portonovo-Sanxenxo

Jatiña

7ª VILL-1-19-99

Embarcación tradicional galega

Dorna Xeiteira

Ten unha dimensión de 6,10 de eslora; 2,10 de manga; e 0,90 de puntal. Así mesmo, posúe unha tonelaxe de 1,35 T.R.B.

Ribeira

Praia da Panadeira

7ª VILL-3-50-10

Embarcación tradicional galega

Dorna de Media Construción

Ten unha dimensión de 5,37 (L) de eslora; 1,98 de manga; e 0,80 de puntal. Ademais, posúe unha tonelaxe de 2,21 T.R.B.

Vilagarcía de Arousa

Surfeira

7ª VILL-1-101-98

Embarcación tradicional galega

Dorna Nai

Ten unha dimensión de 7,97 (L) de eslora; 2,61 de manga; e 1,11 de puntal. Ademais, posúe unha tonelaxe de 2,08 T.R.B.

Ribeira

Vigo Cinco

8ª VI-5-13-05

Embarcación tradicional galega

Traiñeira

Ten unha dimensión de 11,12 (L) de eslora; 2,59 de manga; e 1,04 de puntal. Ademais, posúe unha tonelaxe de 7,28 T.R.B.

Vigo