Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2022 Páx. 54042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Castro Caldelas (expediente IN407A 2022/99-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, con número de colexiado 1534 do ICOIIG, o día 30 de maio de 2022, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante a declaración responsable asinada o 31 de maio de 2022.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A-63222533.

Domicilio: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: adecuación do CT As Carballeiras-32CF21.

Situación: aldea das Carballeiras, concello de Castro Caldelas (Ourense).

Orzamento: 23.926,06 €.

Características técnicas:

– Substitución do condutor en van anterior ao novo CTI proxectado, instalarase un condutor de tipo LA-56, con orixe no apoio número 68-45-11 existente, de tipo CH-A-AG-11/1600, da LMT REG801, expediente 2015/159, e final no apoio número 68-45-12-CT proxectado, de tipo C-FL-12/2000.

– Ampliación de potencia do CT As Carballeiras 32CF21, que pasa de 25 a 50 kVA de potencia aparente e RT 20.000/400-230 V, en caseta existente para substituír por un novo apoio de celosía metálica de tipo C-12/2000 con CT á intemperie. Material illante en aceite mineral; coordenadas UTM: ETRS89 F29 X: 632.139, Y: 4.697.219.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG número 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG número 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 19 de setembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense