Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2022 Páx. 54040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de regulamentación da LMT FRI808, entre os apoios AN4EGBG//89-2 e ANVSJ7VV//89-5, no concello da Cañiza, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/62-4).

A instalación de regulamentación da LMT FRI808, entre os apoios AN4EGBG//89-2 e ANVSJ7VV//89-5 foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 11 de agosto de 2022, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e ten a condición de beneficiaria dela a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 2 de novembro de 2022, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello da Cañiza.

As persoas interesadas recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lle comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nas súas parcelas, e serán informadas de que poderán ir acompañadas por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 16 de setembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Regulamentación da LMT FRI808 entre os apoios AN4EGBG 89-2 e ANVSJ7W 89-5

Número

Referencia catastral

Lugar

Titular

Número de apoio

m² solo

2

36009B516015450000FA

A Cortiña

Diocese de Tui-Vigo

89-3-1

4

3

36009B516015430000FH

A Minada

Aurora Reinaldo Vázquez

89-2-1

1

4

36009B516015420000FU

A Minada

Ana Gabriela Sagaste Reinaldo

89-2-1

1