Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2022 Páx. 54097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 22 de setembro de 2022 pola que se notifica a resolución do procedemento para reclamar os custos ocasionados no sistema de acceso ao porto de Portosín polo accidente do vehículo coa matrícula 9944HJM (expediente 12-43-22-01).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Celia Vilas Maneiro, mediante publicación no Boletín Oficial del Estado por vir devolta a notificación efectuada por Correos, a Resolución da Dirección de Portos de Galicia, do 29 de xuño de 2022, de reclamación dos custos de reparación do morrón do sistema de accesos ao porto de Portosín, danada a causa de sinistro ocasionado polo vehículo Audi coa matrícula 9944HJM.

Este anuncio publicarase no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

No expediente tramitado para o efecto emitiuse acordo de iniciación sen que no tramite de audiencia a interesada formulase alegacións.

A presente resolución emítea a Dirección de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 15.3, alíneas a) e b), da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e de acordo co previsto nos artigos 100 e 102 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a vista da proposta ditada no procedemento.

O orzamento de reparación é de 2.520,45 euros, IVE incluído.

O aboamento por medio do impreso que poderá solicitarse na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia deberá facerse nos seguintes prazos:

Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Se a publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

De non ingresar a dita cantidade no prazo sinalado, de acordo co artigo 101 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas, seralle exixida mediante o procedemento previsto nas normas reguladoras do procedemento de recadación na vía executiva.

O presente acto administrativo, que ten eficacia executiva, non esgota a vía administrativa e contra el poderase interpoñer recurso de alzada perante o Consello Reitor de Portos de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación.

O expediente completo atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia para o seu exame, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2022

Roi Fernández Añón
Director de Portos de Galicia