Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2022 Páx. 54099

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO do acordo plenario de cambio de uso dun terreo.

O Pleno deste concello, en sesión ordinaria do 1 de setembro de 2022, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Ao abeiro do artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, acórdase o cambio de uso do terreo reservado á dotación ou ao equipamento público que se identifica a seguir do seguinte xeito:

Identificación do terreo:

Predio rexistral inscrito co número 9.392 no tomo 612, no libro 213, no folio 102, do arquivo do Rexistro do Barco de Valdeorras. Inscrita a pleno dominio a favor do Concello do Barco de Valdeorras. O enderezo do inmoble segundo o padrón municipal vixente é na rúa Doutor Pérez Lista 38, O Barco de Valdeorras. Parcela catastral: 5981508PG6958S0001EZ. Actualmente neste terreo encóntrase a edificación denominada polo Plan xeral de ordenación municipal como SE-A2 (sistema xeral de equipamentos e: existente, a: administrativo).

Modificación do uso:

Uso dotacional previsto no Plan xeral de ordenación municipal: equipamento, clase de servizos públicos, servizos administrativos.

Novo uso dotacional que determina este acordo: equipamento, clase de servizos públicos, servizos administrativos e servizos da orde.

Segundo. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Ourense e comunicalo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para os efectos da súa inclusión nos sistemas de información urbanística da Comunidade Autónoma.

O Barco de Valdeorras, 12 de setembro de 2022

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde