Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2022 Páx. 53660

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 3 de outubro de 2022 pola que se modifica a Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2022 (código de procedemento MT975M).

O 5 de maio de 2022 (DOG núm. 87) a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou a Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2022 (código de procedemento MT975M).

O artigo 5 da dita Orde do 28 de abril de 2022, relativo ao crédito e contía das axudas, detalla a aplicación orzamentaria, o importe previsto e a súa distribución por anualidades. A dita convocatoria de axudas encádrase dentro do compoñente 12 do Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea.

Para o financiamento das axudas convocadas, en virtude da citada orde, foi necesario asignar importes a cada unha das anualidades. Unha vez valoradas as solicitudes presentadas dentro desta convocatoria de axudas, as actuacións que se poderían desenvolver para o cumprimento do obxectivo do compoñente 12 do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE, tendo en conta o crédito total convocado para a execución dun maior número de proxectos, exixen a redistribución dos importes iniciais entre as anualidades das axudas que financia esta convocatoria de subvencións. Esta redistribución redundará, así, en beneficio dos colectivos destinatarios, sen prexuízo de terceiros e en beneficio do interese xeral.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais disposicións de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2022 (código de procedemento MT975M)

Modifícase o parágrafo 1 do artigo 5, que queda redactado como segue:

«1. As axudas convocadas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, segundo se indica a seguir:

a) Con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.760.1 (código de proxecto 2022 00037), correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, ata un máximo de cincocentos oitenta e catro mil novecentos trinta e nove euros con setenta e nove céntimos (584.939,79 €), procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, coa seguinte distribución:

1º. Importe para a liña 1. Novos puntos limpos: proxectos de construción de instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos: 376.707,34 €.

2º. Importe para a liña 2. Melloras nos puntos limpos existentes: proxectos de mellora das condicións das instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos: 208.232,45 €.

b) Con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.760.1 (código de proxecto 2022 00037), correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023: ata un máximo de un millón cincocentos catro mil cento sesenta e cinco euros con corenta e nove céntimos (1.504.165,49 €), procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, coa seguinte distribución:

1º. Importe para a liña 1. Novos puntos limpos: proxectos de construción de instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos: 1.037.099,79 €.

2º. Importe para a liña 2. Melloras nos puntos limpos existentes: proxectos de mellora das condicións das instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos: 467.065,70 €.

c) Con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.760.1 (código de proxecto 2022 00037), correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024: ata un máximo de novecentos cinco mil douscentos sesenta e sete euros con oitenta e nove céntimos (905.267,89 €), procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, coa seguinte distribución:

1º. Importe para a liña 1. Novos puntos limpos: proxectos de construción de instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos: 552.533,45 €.

2º. Importe para a liña 2. Melloras nos puntos limpos existentes: proxectos de mellora das condicións das instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos: 352.734,44 €.

d) Con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.760.1 (código de proxecto 2022 00037), correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025: ata un máximo de catrocentos cincuenta e sete mil catrocentos vinte e un euros con setenta e nove céntimos (457.421,79 euros), procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, coa seguinte distribución:

1º. Importe para a liña 1. Novos puntos limpos: proxectos de construción de instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos: 300.506,87 €.

2º. Importe para a liña 2. Melloras nos puntos limpos existentes: proxectos de mellora das condicións das instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos: 156.914,92 €».

As modificacións obxecto da presente resolución non implican a apertura dun novo prazo para presentar solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2022

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda