Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2022 Páx. 53426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2022 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas G.F. II e G.III.

Logo de ser vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas G.F. II e G.III e das concesións administrativas que as amparan, resultan:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante escritos do 24 de agosto de 2022, Norma Santomé García solicitou a autorización para a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas G.F. II e G.III.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro); e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e as demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: G.F. II.

Situación:

Cuadrícula número: 28.

Polígono: F.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 14.5.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: G.III.

Situación:

Cuadrícula número: 13.

Polígono: B.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 4.3.1954.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: José Ángel Rosendo Calvar (***1633**) (falecido).

Novos titulares: Norma Santomé García (***3364**), Carla Rosendo Santomé (***4671**), Rubén Rosendo Santomé (***4671**) e Anxo Rosendo Santomé (***4671**).

Os novos titulares das concesións subróganse nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 6 de setembro de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo