Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2022 Páx. 53429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 559.

Mediante este anuncio faise público que a Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 12 de setembro de 2022 autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que se describe:

Identificación e localización: parcela número 559 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 282,45 m2.

Data da resolución do outorgamento: 20.10.2019 (DOG número 208, do 31 de outubro).

Remate da vixencia: 1.11.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Actuais titulares: José Maneiro Sayáns (***6542**) e Iván Maneiro Sayáns (***6542**).

Novo titular: José Maneiro Sayáns (***6542**).

O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou a copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 13 de setembro de 2022

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo