Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2022 Páx. 53115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 8 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se inclúe no Censo do patrimonio cultural de Galicia a embarcación tradicional denominada A Morosa.

Advertidos erros na publicación da Resolución do 8 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se inclúe no Censo do patrimonio cultural de Galicia a embarcación tradicional denominada A Morosa, publicada no Diario Oficial de Galicia número 142, do 27 de xullo, cómpre facer as oportunas correccións no sentido que se indica a seguir:

– Na páxina 41494, no parágrafo primeiro, onde di: «Resolución do 8 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se inclúe no Censo do patrimonio cultural de Galicia a embarcación tradicional denominada A Morosa», debe dicir: «Resolución do 8 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se inclúe no Censo do patrimonio cultural de Galicia a embarcación tradicional denominada A Marosa».

– Na páxina 41494, no parágrafo sexto, onde di: «1. O 13 de xaneiro de 2022, o interesado solicita a anotación da embarcación denominada A Morosa [...]», debe dicir: «1. O 13 de xaneiro de 2022, o interesado solicita a anotación da embarcación denominada A Marosa [...]».

– Na páxina 41494, no parágrafo sétimo, onde di: «2. O mestre carpinteiro de ribeira emite un informe, o 6 de marzo de 2022, no cal conclúe que a barca denominada A Morosa [...]», debe dicir: «2. O mestre carpinteiro de ribeira emite un informe, o 6 de marzo de 2022, no cal conclúe que a barca denominada A Marosa [...]».

– Na páxina 41495, no parágrafo primeiro, onde di: «3. O 18 de abril de 2022, a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira emite un informe no cal declara que a barca denominada A Morosa [...]», debe dicir: «3. O 18 de abril de 2022, a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira emite un informe no cal declara que a barca denominada A Marosa [...]».

– Na páxina 41495, no parágrafo segundo, onde di: «4. Na reunión celebrada o 20 de abril de 2022, o órgano de xestión para as medidas de salvagarda das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira acorda recoñecer como embarcación tradicional galega a barca denominada A Morosa», debe dicir: «Na reunión celebrada o 20 de abril de 2022, o órgano de xestión para as medidas de salvagarda das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira acorda recoñecer como embarcación tradicional galega a barca denominada A Marosa».

– Na páxina 41496, no parágrafo segundo, onde di: «Así pois, a embarcación denominada A Morosa, á vista dos informes que constan no expediente administrativo [...]», debe dicir: «Así pois, a embarcación denominada A Marosa, á vista dos informes que constan no expediente administrativo [...]».

– Na páxina 41496, no parágrafo quinto, onde di: «Anotar no Censo do patrimonio cultural de Galicia, na sección Censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, a embarcación denominada A Morosa, cuxa descrición figura no anexo», debe dicir: «Anotar no Censo do patrimonio cultural de Galicia, na sección Censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, a embarcación denominada A Marosa, cuxa descrición figura no anexo».

– Na páxina 41496, no parágrafo penúltimo, onde di: «1. Denominación: A Morosa», debe dicir: 1. Denominación: A Marosa».