Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.
Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que non pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, logo de cita no teléfono 986 81 70 11.
Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que proceda, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que neles se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.
Expediente: RL 2022/0226-4.
Acta: I362022000013120.
Empresa: Nordandres Hosteleros, S.L.
Enderezo: rúa Benito Corbal, 58, 6º F, Pontevedra.
Materia: relacións laborais.
Preceptos infrinxidos: artigo 34.9 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, e artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
Preceptos sancionadores: artigos 7.5.g) e 39.6 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
Data da resolución: 8.9.2022.
Resolución: multa de 751 €.
Vigo, 19 de setembro de 2022
Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra