Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2022 Páx. 52855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2022/309-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e, no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: reforma da LMTA CDB803 en Rañas.

Situación: Vilanova de Arousa.

Características técnicas: liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor tipo LA110, de 203 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 (punto 1) na LMTA CBD803, tramo CBD8032510, e final no apoio proxectado C-2000/14 (punto 3) na LMTA CBD803, tramo CBD8032510. A instalación está situada no lugar de Rañas, parroquia de Tremoedo, no concello de Vilanova de Arousa.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 12 de setembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/309-4.

Denominación: reforma da LMTA CBD803 en Rañas.

Concello: Vilanova de Arousa.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

ml sub.

m² aér.

m² sub.

1

Mouriñas

Rústico

36061A216000450000FO

Jaime Castro Abal

1

1,44

2

Bouza de Rañas

Rústico

36061A215101430000FG

Carmen Romero Martínez

2

1,21

3

Agro de Rañas

Rústico

36061A215201430000FR

Ángel González Pintos

3

1,44