Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2022 Páx. 52853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2022/311-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS e substitución CTI Roublín 36AB43 por CTC.

Situación: Mos.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor tipo RHZ1, de 22 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente HV-1000-11 con matrícula A2L7QX7V//FCTV38HI, mediante un paso aéreo subterráneo e final na cela de media tensión do centro de transformación proxectado. Centro de transformación compacto, manobra exterior telecontrolado, a 400 kVA con RT 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36033A071000060000SX. A instalación está situada no Camiño do Quinteiro, Pereiras, no concello de Mos (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 12 de setembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/311-4.

Denominación: LMTS e substitución CTI Roublín 36AB43 por CTC.

Concello: Mos.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Caseta CT

Canaliz. subt.

Lonx.

Sup. m²

Lonx.

Sup. m²

1

Casal

Sen edificar

36033A071000060001DM

Erundina Lorenzo Silva

16,81

7,00

12,20