Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2022 Páx. 52857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/313-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública e, en concreto, a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT, CT O Raviso.

Situación: Vigo.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor tipo RHZ1, de 430 metros de lonxitude, con orixe na cela de liña do CS Mercadona Sárdoma 36CXS5 e final na cela de liña do centro de transformación proxectado. Centro de transformación compacto telecontrolado a 630 kVA con RT 15 kV/400 V. A instalación está situada no Raviso, no concello de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figuran no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra), no prazo máximo de trinta (30) días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar os posibles erros na relación das persoas, dos bens e dos dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 12 de setembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2022/313-4.

Denominación: LMT, CT O Raviso.

Concello: Vigo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT

Afeccións

m2

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Sárdoma

Urbano

4243613NG2744S0001UD

Jairo Faria de Freitas

CT

16,81