Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2022 Páx. 52037

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2022 pola que se modifican os prazos para a anualidade 2022 establecidos no artigo 4 da Resolución do 25 de marzo de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Talento sénior), e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento IN858A).

O 8 de abril de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 25 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Talento sénior), e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento IN858A).

O artigo 4.1 desta resolución establecía os seguintes prazos de contratación:

Serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria as contratacións de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia, que se formalicen desde o día 1 de xaneiro de 2022 ata o 1 de outubro de 2022, ambos incluídos.

Tendo en conta a demora na resolución das devanditas axudas, motivada pola complexidade do seu proceso de avaliación, e co fin de viabilizar os procesos de execución e xustificación das axudas concedidas para o ano 2022 por parte dos beneficiarios resultantes e dado que non causa prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de contratación para o ano 2022 establecido no artigo 4.1 da convocatoria.

En consecuencia, no exercicio das facultades que me confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación, e coa habilitación outorgada pola disposición derradeira primeira da resolución da convocatoria,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación do artigo 4.1 da Resolución do 25 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Talento sénior), e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento IN858A)

O artigo 4.1 da citada resolución queda redactado do seguinte xeito:

Serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria as contratacións de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia, que se formalicen desde o día 1 de xaneiro de 2022 ata o 1 de decembro de 2022, ambos incluídos.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2022

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación