Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2022 Páx. 52034

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022 pola que se adxudican as axudas para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Talento sénior), convocadas pola Resolución do 25 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 69, do 8 de abril).

Mediante a Resolución da Axencia Galega de Innovación do 25 de marzo de 2022 (DOG nº 69, do 8 de abril) convócanse as subvencións para o fomento da contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia nas empresas e organismos de investigación en Galicia.

No seu artigo 19 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de selección establecida no artigo 16 seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 17.

Na súa virtude e atendendo á proposta elaborada na sesión do 28 de xullo de 2022 pola Comisión de Selección establecida no artigo 16 das bases da Resolución do 25 de marzo de 2022, a Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

1. Conceder as axudas para o fomento da contratación de persoal de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i e transferencia nas empresas e organismos de investigación en Galicia que figuran como anexo I a esta resolución.

2. Denegar as solicitudes que non acadaron a puntuación mínima de 120 puntos, de conformidade co disposto no artigo 17 das bases reguladoras. Estas solicitudes relaciónanse no anexo II.

3. O importe total das axudas concedidas é de 941.293,11 euros, con cargo ás aplicacións orzamentarias que se recollen no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

Ano 2022 (€)

Ano 2023 (€)

Ano 2024 (€)

Total

06.A2.561A.470.0

286.407,00

143.203,50

143.203,50

572.814,00

06.A2.561A.480.0

112.959,55

56.479,78 €

56.479,78 €

225.919,11

06.A2.561A.432.10

71.280,00

35.640,00

35.640,00

142.560,00

Total

470.646,55

235.323,28

235.323,28

941.293,11

4. Estas axudas están financiadas con cargo a fondos propios libres da Comunidade Autónoma de Galicia.

5. O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 25 da resolución de convocatoria.

6. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no dito artigo 25 da resolución de convocatoria no prazo establecido no seu punto 1.

7. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2022

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Relación de solicitudes concedidas

Empresas.

Nº expediente

NIF

Entidade

Importe 2022

Importe 2023

Importe 2024

Total axuda (€)

Aplicación orzamentaria

Réxime de minimis (Regulamento (UE) 1407/2013)

01_IN858A_2022_1169132

B15964521

Mestrelab Research, S.L.

38.016,00

19.008,00

19.008,00

76.032,00

06.A2.561A.470.0

Si

02_IN858A_2022_1182409

B27778703

Teswater Global, S.L.

31.680,00

15.840,00

15.840,00

63.360,00

06.A2.561A.470.0

Si

06.1_IN858A_2022_1217865

B09628991

Diversa Technologies, S.L.

31.680,00

15.840,00

15.840,00

63.360,00

06.A2.561A.470.0

Si

06.2_IN858A_2022_1217865

B09628991

Diversa Technologies, S.L.

45.441,00

22.720,50

22.720,50

90.882,00

06.A2.561A.470.0

Si

07_IN858A_2022_1218957

B94049624

Qubitia Solutions, S.L.

44.550,00

22.275,00

22.275,00

89.100,00

06.A2.561A.470.0

Si

09_IN858A_2022_1229582

B27498690

Medrar Smart Solutions, S.L.

31.680,00

15.840,00

15.840,00

63.360,00

06.A2.561A.470.0

Si

12_IN858A_2022_1235251

B27701028

Edafotec Suelos a la Carta, S.L.

31.680,00

15.840,00

15.840,00

63.360,00

06.A2.561A.470.0

Si

13_IN858A_2022_1236893

B15796907

Activos Financieros de Bergondo, S.L.

31.680,00

15.840,00

15.840,00

63.360,00

06.A2.561A.470.0

Si

Organismos de investigación e centros tecnolóxicos.

Nº expediente

NIF

Entidade

Importe 2022

Importe 2023

Importe 2024

Total axuda (€)

Aplicación orzamentaria

03_IN858A_2022_1188876

Q2818002D

Instituto de Investigacións Mariñas

38.272,59

19.136,30

19.136,30

76.545,19

06.A2.561A.480.0

04.1_IN858A_2022_1210895

G15305923

Fundación Instituto Tecnológico de Galicia

35.648,91

17.824,45

17.824,45

71.297,81

06.A2.561A.480.0

05_IN858A_2022_1216456

Q2818002D

Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento

39.038,05

19.519,03

19.519,03

78.076,11

06.A2.561A.480.0

10.1_IN858A_2022_1231946

Q1500322A

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

35.640,00

17.820,00

17.820,00

71.280,00

06.A2.561A.432.10

10.2_IN858A_2022_1231946

Q1500322A

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

35.640,00

17.820,00

17.820,00

71.280,00

06.A2.561A.432.10

ANEXO II

Relación de solicitudes denegadas

Empresas.

Nº expediente

Entidade

NIF

Número
de contrato

11_IN858A_2022_1234937

Teimas Desenvolvemento, Sociedad Limitada

B70179973

1

14_IN858A_2022_1237214

Equipos Lagos, S.A.

A15827298

1

Organismos de investigación e centros tecnolóxicos.

Nº expediente

Entidade

NIF

Número
de contrato

04.2_IN858A_2022_1210895

Fundación Instituto Tecnológico de Galicia

G15305923

2

08_IN858A_2022_1227124

Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste

G36606291

1