Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2022 Páx. 52042

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada Consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no segundo cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2022

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Gallego de la Vivienda e Solo no segundo cuadrimestre do ano 2022

Título do convenio

Obxecto do convenio

Importe achegado polo IGVS

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Consellería de Política Social para a posta a disposición e xestión de vivendas no marco do plan de atención ás persoas sen fogar en Galicia 2019-2023 e do programa europeo «Transformación da rede de coidados de longa duración a través da construción, adquisición, reforma e modernización de equipamentos».

Establecer as condicións de colaboración entre as partes para a posta a disposición e a xestión de vivendas no marco do plan de atención ás persoas sen fogar en Galicia 2019-2023 e do programa europeo «Transformación da rede de coidados de longa duración a través da construción, adquisición, reforma e modernización de equipamentos».

Sen achega

19.11.20211

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Ames para manter o Programa de mobilización de vivenda baleira para o alugamento en canto non se publique a nova normativa reguladora derivada do Pacto de vivenda 2021/2025.

Regular a colaboración entre o IGVS e o Concello de Ames para a mobilización de vivendas baleiras, mentres non se publica a normativa reguladora para a mobilización de vivendas baleiras para o alugamento derivada do Pacto de vivenda 2021/2025, que se está a desenvolver.

2022: 13.066,50 €

25.5.2022

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Marín para manter o Programa de mobilización de vivenda baleira para o alugamento en canto non se publique a nova normativa reguladora derivada do Pacto de vivenda 2021/2025.

Regular a colaboración entre o IGVS e o Concello de Marín para a mobilización de vivendas baleiras, mentres non se publica a normativa reguladora para a mobilización de vivendas baleiras para o alugamento derivada do Pacto de Vivenda 2021/2025, que se está a desenvolver.

2022: 2.107,50 €

25.5.2022

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Monforte de Lemos para manter o Programa de mobilización de vivenda baleira para o alugamento en canto non se publique a nova normativa reguladora derivada do Pacto de vivenda 2021/2025.

Regular a colaboración entre o IGVS e o Concello de Monforte de Lemos para a mobilización de vivendas baleiras mentres non se publica a normativa reguladora para a mobilización de vivendas baleiras para o alugamento derivada do Pacto de Vivenda 2021/2025, que se está a desenvolver.

2022: 3.372,00 €

24.5.2022

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello do Barco de Valdeorras para manter o Programa de mobilización de vivenda baleira para o alugamento en canto non se publique a nova normativa reguladora derivada do Pacto de vivenda 2021/2025.

Regular a colaboración entre o IGVS e o Concello do Barco de Valdeorras para a mobilización de vivendas baleiras mentres non se publica a normativa reguladora para a mobilización de vivendas baleiras para o alugamento derivada do Pacto de vivenda 2021/2025, que se está a desenvolver.

2022: 2.107,50 €

24.5.2022

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Asociación de Empresarios de Materiales para a Construcción (Asemaco) para a divulgación das axudas en materia de vivenda en Galicia e do financiamento co sistema Crediasemaco.

Establecer as pautas de colaboración entre as partes para a promoción do sistema Crediasemaco, por entender que se trata dun sistema que incide favorablemente na potenciación da realización das actuacións de rehabilitación na Comunidade Autónoma.

2022: 18.000,00 €

28.6.2022

Convenio entre o Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025.

Establecer as pautas de colaboración e os compromisos mutuos das partes, en orde a garantir a execución do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, (en diante, PEAV), no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a acción coordinada das dúas administracións asinantes deste acordo.

2022: 5.899.500,00 €

2023: 6.138.900,00 €

2024: 6.292.800,00 €

2025: 6.344.100,00 €

7.7.2022

Acordo de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Instituto Galego da Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o IGVS, para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero que se refiren a asegurar a existencia de recursos habitacionais suficientes e dignos para as vítimas da violencia de xénero (medidas 75, 168 e 215 do documento refundido final do Pacto de Estado contra a violencia de xénero).

Bono alugueiro 2022: 1.300.000,00 €

Persoal técnico de reforzo 2022: 156.974,00 €

Bono alugueiro 2023: 1.040.000,00 €

Persoal técnico de reforzo 2023: 162.149,00 €

31.5.2022