Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2022 Páx. 51900

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meis

ANUNCIO de notificación de acordo de incoación de expedientes de xestión da biomasa.

Ao abeiro do artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e xa que non se puido efectuar a notificación do acordo de iniciación do expediente, de conformidade co establecido nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a notificación da obriga de xestionar a biomasa nas parcelas coas seguintes referencias catastrais:

Referencia catastral parcelas

36028A229000070000XJ

36028A208002650000XX

36028A216205800000XU

36028A329001800000IW

36028A234002460000XX

36028A229387340000XU

36028A324004210000IU

36028A204100790000XL

36028A208002510001MH

36028A216006430001MH

36028A206100480000XS

Por medio desta publicación concédeselles ás persoas titulares das parcelas citadas un prazo de 15 días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste acordo, para proceder á xestión da biomasa das parcelas, sen prexuízo de que se promova a investigación da titularidade nos casos en que se descoñeza a titularidade dos inmobles, con base na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación de terra agraria de Galicia, coa aplicación das consecuencias derivadas da tramitación do dito procedemento.

Contra este acordo, que resulta ser un acto de trámite que non decide sobre o fondo do asunto, non cabe interpor recurso ningún; as persoas titulares das parcelas que figuran nesta publicación, e que así o acrediten, poderán recoller copia da resolución nas dependencias municipais e formular as alegacións que consideren oportunas e propoñer proba en caso de que o xulguen necesario.

O que notifico mediante publicación, en cumprimento do disposto nos artigos 40 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, así como do artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Meis, 2 de setembro de 2022

Marta Giráldez Barral
Alcaldesa