Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2022 Páx. 51899

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de información pública da proposta do convenio urbanístico-convenio de xestión POL-12 rúa Nova de Arriba.

Unha vez negociada e subscrita a proposta do convenio urbanístico sinalado, mediante Resolución da Alcaldía do 16 de setembro de 2022 e núm. 2022-1373, sométese o expediente ao correspondente período de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio publicado no DOG e nun dos xornais de maior difusión na provincia, de acordo co disposto na normativa vixente. Durante este período poderá examinar a proposta de convenio urbanístico calquera persoa e formular as alegacións que procedan.

Para estes efectos, o expediente administrativo do convenio urbanístico de cesión con reserva de aproveitamento dos terreos incluídos dentro do ámbito do solo urbano non consolidado POL-12 da rúa Nova de Arriba, cruzamento, estará dispoñible no sitio web do Concello de Bueu e no portal de transparencia e quedará á disposición do público en xeral nas dependencias da casa do concello, sita na rúa Eduardo Vincenti 8, Bueu 36930, no Departamento de Urbanismo, durante o período de información pública, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Bueu, 21 de setembro de 2022

Félix Juncal Novas
Alcalde