Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2022 Páx. 51651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 22 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución do parque eólico Serra do Colmo, nos concellos de Becerreá e Baralla (expediente IN408A/2020/086).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Antecedentes:

• O 1.6.2020, Enel Green Power España, S.L., presentou solicitude de autorización administrativa previa e de construción, así como a aprobación do proxecto sectorial, para o proxecto denominado parque eólico Serra do Colmo (en diante, o parque eólico), nos concellos de Baralla e Becerreá, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

• O 11.12.2020, Enel Green Power España, S.L. presentou unha solicitude que supuña unha modificación substancial do parque eólico, consistente no cambio de modelo dos aeroxeradores, mantendo inalterada a potencia nominal da instalación.

• O 21.4.2021, Enel Green Power España, S.L., presentou unha segunda solicitude de modificación substancial, que consistía no cambio de posición de dous dos aeroxeradores proxectados, sen modificar o seu número total nin a potencia nominal da instalación. Esta presentación supuxo a desistencia da solicitude da primeira modificación substancial, segundo a Resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais pola que se acepta a desistencia da solicitude do parque eólico Serra do Colmo, do 16.3.2022.

• O 4.4.2022, Enel Green Power España, S.L. presentou nova documentación na que desiste, polo momento, da solicitude de declaración de utilidade pública.

• O 4.5.2022, Enel Green Power España, S.L. presentou nova documentación para substituír a anterior.

• O 23.5.2022, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificou á dita sociedade a admisión a trámite da segunda modificación substancial do parque eólico.

• O 21.6.2022, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe sobre o proxecto sectorial, segundo o previsto no artigo 33.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias de 500 m a núcleos de poboación.

• O 1.7.2022, esta dirección xeral requiriu ao promotor que confirmase que a documentación presentada o 21.4.2021 e o 4.5.2022 definía as características definitivas do proxecto do parque eólico.

• O 25.8.2022 e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais achegou a esta xefatura territorial o expediente completo para continuar coa súa tramitación.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a continuación:

Solicitante/promotora: Enel Green Power España, S.L., NIF B61234613.

Domicilio social: r/ Ribera del Loira, 60, 28042 Madrid.

Denominación do proxecto: proxecto de execución do parque eólico Serra do Colmo. Termos municipais de Becerreá e Baralla. Provincia de Lugo.

Situación: concellos de Becerreá e Baralla (Lugo).

Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): Becerreá-Paradela.

Potencia instalada: 35 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 6.

Subestación colectora do parque: Serra do Colmo 30/220 kV, de 37 MVA.

Produción neta anual estimada: 86.286 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 36.015.526,76 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

1

646.148,27

4.750.163,00

2

647.748,00

4.750.163,00

3

648.500,00

4.749.000,00

4

648.500,00

4.745.400,00

5

645.206,11

4.745.400,00

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

ETRS89 (fuso 29)

Concello

UTM-X

UTM-Y

SC-01

647.089

4.749.503

Becerreá

SC-02

647.309

4.749.111

Becerreá

SC-03

645.983

4.748.248

Becerreá

SC-04

645.840

4.747.564

Baralla

SC-05

646.644

4.746.882

Becerreá

SC-06

646.537

4.747.176

Becerreá

Coordenadas das esquinas que conforman a subestación Serra do Colmo:

Datum ETRS89 (fuso 29)

Nº vértice

UTM-X

UTM-Y

1

646.900

4.749.813

2

646.944

4.749.910

3

646.997

4.749.886

4

646.953

4.749.789

Coordenadas da torre de medición autosoportada:

Datum ETRS89 (fuso 29)

Nome

UTM-X

UTM-Y

PMM

646.207

4.747.509

Características técnicas principais das instalacións:

• Cinco (5) aeroxeradores Siemens-Gamesa SG 6.0-155 de potencia nominal 5,8 MW, cun diámetro de rotor de 155 m e altura de buxa de 102,5 m.

• Un (1) aeroxerador Siemens Gamesa SG 6.0-155 de potencia nominal 6,0 MW, cun diámetro de rotor de 155 m e altura de buxa de 102,5 m.

• Seis (6) centros de transformación, instalados no interior da torre de cada un dos aeroxeradores, formados por transformadores de 6.500 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,69/30 kV, celas de media tensión de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• Torre de medición permanente do parque, autosoportada, de 118 m de altura.

• Rede colectora soterrada, conformada polos cables de evacuación de enerxía a 30 kV, con condutores tipo RHZ1-OL 18/30 kV que unen os aeroxeradores entre si e coa subestación eléctrica do parque, os cables de fibra óptica para comunicacións e os cables de terra.

• Subestación eléctrica tipo convencional, dunha posición de transformación e dúas posicións de liña, unha de entrada e outra de saída, constituída por:

– Un edificio de celas coa aparellaxe interior de 30 kV, cadros de proteccións e manobra, servizos auxiliares e sala de control.

– Un edificio de control coas salas de operación e monitorización das instalacións, oficinas, aseos e vestiarios e un almacén para actividades de taller e almacenamento de material.

– Un edificio de residuos para almacenaxe de residuos xerados durante a operación das instalacións.

– Parque exterior de intemperie: recinto valado onde se encontra o transformador de potencia e a aparellaxe do nivel de tensión de 220 kV. Posición de transformador de potencia, elevador, con saída ríxida de liña. Trifásico, en baño de aceite, AT/MT con relación de transformación 220/30 kV e potencia nominal 37 MVA. No parque exterior alóxase tamén o grupo electróxeno para subministración de enerxía de emerxencia, de 160 kVA, 400 V-50 Hz.

• Obra civil consistente en rede viaria de acceso ao parque e aos aeroxeradores, cimentacións e plataformas dos aeroxeradores, gabias para tendido de cablaxe de media tensión, comunicacións e rede de terras e obras auxiliares.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.d) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

• Proxecto de execución (visado nº 20222626, data 2.9.2022).

• Estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado 28.3.2022).

• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) (visado nº 20220859, data 1.4.2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 48 04), así como nos concellos de Becerreá e Baralla (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/serra-do-colmo

Lugo, 22 de setembro de 2022

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo