A instalación de regulamentación do CT A Veiga 36CR20 foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 11 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e ten a condición de beneficiaria dela a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.
Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 22 de novembro de 2022, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Lalín.
As persoas interesadas recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nas súas parcelas. Poderán ir acompañadas por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.
Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar da notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 6 de setembro de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Regulamentación do CT A Veiga 36CR20 (Lalín)
Número |
Referencia catastral |
Lugar |
Titular |
m2 servidume de paso aérea |
1 |
36024A144000570000BU |
Chousa San Ramón |
Descoñecido/a |
222 |