Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2022 Páx. 51706

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 6 de setembro de 2022 de notificación do procedemento de orde de execución relativo á xestion da biomasa (expediente 1527-2022).

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración, ao non ser posible efectuarlles a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lle sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopan á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Logo de considerar que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se puider determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultar infrutuosa a notificación da comunicación, se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

Despois de considerar que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasae para repercutirlles os custos ás persoas responsables.

Logo de considerar que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión, notifícase:

Orde de execución (expediente 1527-2022).

Interesada: Sara Quinteiro Malvar.

Referencia catastral: 36043A023005220000JT (polígono 23, parcela 522).

Prazo: 15 días naturais.

Ponte Caldelas, 6 de setembro de 2022

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente