No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 171, do 8 de setembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán o proceso para seleccionar un/unha funcionario/a de carreira nunha praza de técnico/a de administración xeral para secretaría, pertencente á escala de administración xeral, subescala técnica, clase técnico superior, polo sistema de oposición por quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.
O anuncio das listas provisionais de admitidos e excluídos e a lista definitiva publicarase no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos conforme o establecido nas citadas bases.
Rianxo, 9 de setembro de 2022
Adolfo Muíños Sánchez
Alcalde