Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2022 Páx. 51516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 20 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución do parque eólico Serra da Piñeira, nos concellos de Becerreá, Baralla e Láncara (expediente IN408A/2020/081).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Antecedentes:

 O 28.5.2020, Enel Green Power España, S.L. presentou solicitude de autorización administrativa previa e de construción, así como a aprobación do proxecto sectorial, para o proxecto denominado parque eólico Serra de Piñeira (en diante, o parque eólico), nos concellos de Baralla, Láncara e Becerreá, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

 O 11.12.2020, Enel Green Power España, S.L. presentou unha solicitude que supuña unha modificación substancial do parque eólico, consistente no cambio de modelo dos aeroxeradores, mantendo inalterada a potencia nominal da instalación.

 O 7.7.2021, Enel Green Power España, S.L. presentou unha segunda solicitude de modificación substancial, que consistía no cambio de posición de dous dos aeroxeradores proxectados, sen modificar o seu número total nin a potencia nominal da instalación. Esta presentación supuxo a desistencia da solicitude da primeira modificación substancial, segundo a Resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais pola que se acepta a desistencia da solicitude do parque eólico Serra de Piñeira, do 23 de xullo de 2021.

 O 27.10.2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificou a Enel Green Power España, S.L. o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, para a segunda modificación substancial do parque eólico.

 O 17.11.2021, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe a que fai referencia o artigo 33.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, en que indicaba que os aeroxeradores SP01 e SP02 non cumprían a distancia mínima de 500 m respecto do núcleo rural de Piñeira, mentres que o SP04 non cumpría esta distancia mínima respecto do núcleo rural de Sixirei.

 O 14.12.2021, Enel Green Power España, S.L. presentou unha terceira solicitude de modificación substancial, en que modificaba a posición dos mencionados aeroxeradores que non cumprían as distancias a núcleos rurais. Esta presentación supuxo a desistencia da solicitude da segunda modificación substancial, que se fixo efectiva segundo a Resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais pola que se acepta a desistencia da solicitude de modificación substancial do parque eólico Serra de Piñeira, sito nos concellos de Baralla e Láncara (Lugo), do 18 de febreiro de 2022.

 O 21.6.2022, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe sobre o proxecto sectorial, segundo o previsto no artigo 33.7 da Lei 8/2009, o 22 de decembro.

 O 2.8.2022 e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a DXPERN achegou a esta xefatura territorial o expediente para continuar coa súa tramitación.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a seguir:

Solicitante/promotora: Enel Green Power España, S.L. NIF B61234613.

Domicilio social: rúa Fernando Casas Novoa, 35B 2, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación do proxecto: parque eólico Serra da Piñeira.

Situación: concellos de Becerreá, Baralla e Láncara (Lugo).

Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): Serra da Lagoa.

Potencia instalada: 35 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 6.

Subestación colectora do parque: Serra da Piñeira 30/220 kV de 37 MVA.

Produción neta anual estimada: 105.360 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 32.885.248,53 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

1

645.375

4.748.835

2

645.375

4.743.205

3

641.867

4.743.205

4

641.867

4.748.835

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

SP-01

642.655

4.748.117

SP-02

642.898

4.747.775

SP-03

643.313

4.747.432

SP-04

643.635

4.747.320

SP-05

644.821

4.744.876

SP-06

645.121

4.743.873

Coordenadas da subestación:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

1

643.140

4.747.772

2

643.207

4.747.693

3

643.164

4.747.657

4

643.097

4.747.736

Coordenadas da torre de medición (PMM):

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

644.726

4.744.400

Características técnicas principais das instalacións:

 Seis (6) aeroxeradores, cinco (5) de 6.0 MW e un (1) de 5.0 MW de potencia nominal unitaria, de 115 m de altura de buxa e 170 m de diámetro de rotor.

 Seis (6) centros de transformación, integrados no interior de cada un dos aeroxeradores, con potencia unitaria de 6.500 kVA e relación de transformación 0,69/30kV, co seu correspondente equipamento de manobra, protección e demais elementos auxiliares.

 Rede eléctrica soterrada para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre as turbinas dos aeroxeradores e a subestación transformadora 30/220 kV, composta por condutores tipo RH5Z1 18/30 kV e seccións de 95, 400 mm2 de aluminio. Na gabia da liña colectora tamén se colocarán os cables de terras e os de fibra óptica para comunicacións.

 Estación anemométrica do parque eólico equipada cunha torre autosoportada de 120 m de altura.

 A subestación eléctrica 30/220 kV do parque eólico Serra da Piñeira recibirá a enerxía xerada do parque e dimensionarase fisicamente para que no futuro poida ser ampliable e servir para evacuar a potencia doutros parques eólicos. Esta parte estará composta por un edificio de control, un edificio de celas e un edificio de residuos, un transformador principal de 30/220 kV de 37 MVA e un transformador de servizos auxiliares cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

 Obra civil consistente en camiños de acceso ao parque e interiores de acceso aos aeroxeradores, plataformas de montaxe, subestación, cimentacións e gabias de cablaxe.

 Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.d) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

 Proxecto de execución (visado nº 20213789, data 13.12.2021).

 Estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado 13.12.2021).

 Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) (visado nº 20220612, data 14.3.2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 47), así como nos concellos de Becerreá, Baralla e Láncara (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/serra-da-pineira

Lugo, 20 de setembro de 2022

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo