Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2022 Páx. 49564

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se publica a resolución das axudas concedidas por resolución de recurso de reposición ao abeiro da Orde do 23 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR605A) (Diario Oficial de Galicia número 17, do 27 de xaneiro de 2020).

O día 27 de xaneiro de 2020, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, do programa e do crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.

Segundo o establecido no punto 6 do artigo 16 da citada orde, todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Nesta notificación, os beneficiarios serán informados de que se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, medida 8.3 e medida 8.5 do PDR de Galicia, e da súa selección segundo os criterios establecidos no artigo 10.

De conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a notificación realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación, e expresarán, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, o órgano administrativo ou xudicial ante o cal se deben presentar e o prazo para interpoñelos; ademais, reflectirá que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader e o eixe prioritario do Programa de desenvolvemento rural de que se trata.

En virtude do artigo 2 da Orde do 17 de novembro de 2015 sobre delegación de competencias en diversos órganos da Consellería do Medio Rural (DOG núm. 223, do 23 de novembro), o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal

ACORDA:

1. A publicación do contido da Resolución do 18 de agosto de 2022 das axudas concedidas por resolución de recurso de reposición con cargo ao código de proxecto 14.03.713B.770.0.2016.00209 e tamén aquelas desestimadas ao abeiro da Orde do 23 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020.

Estas axudas sométense ao Regulamento (UE) 702/2014, da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Esta medida foi comunicada polo Estado co número de axuda SA.43021 (2015/XA) ao abeiro do Regulamento (UE) 702/2014, e cumpren co Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia para o período 2014-2020, no cal se inclúen as medidas 8.3 (prevención de danos causados por incendios forestais, desastres naturais e catástrofes) e 8.5 (investimentos para incrementar a capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais). O PDR 2014-2020 foi aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro.

2. A orde estableceu dúas liñas de axuda obxecto de subvención:

a) Liña I (medida Feader 8.3): axudas para realizar tratamentos silvícolas (prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cobertoira vexetal e do control selectivo de combustible, como son as rozas, cortas de rexeneración, rareos e podas), coa finalidade de prevención de incendios.

b) Liña II (medida Feader 8.5): axudas para realizar tratamentos silvícolas (rareos, cortas de rexeneración, podas, cortas de formación, rozas, etc.) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculados ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.

O anexo I relaciona a lista daquelas axudas solicitadas da liña I que foron concedidas por resolución de recurso de reposición e, no anexo II, preséntase aquela axuda desestimada coa indicación da causa de desestimación.

3. As axudas concedidas dispostas no anexo I deberán:

1. Presentar, por escrito, antes do 30 de novembro de 2022, para propietarios particulares de xeito individual, Sofor, sociedades e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens, outras persoas xurídicas (S.A., S.L. ...) e para CMVMC, unha única comunicación de remate dos traballos-solicitude de pagamento, xunto coa seguinte documentación deberán achegar, segundo o disposto no artigo 19, punto 3, da dita orde de axudas:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos coas unidades desagregadas por parcelas e os traballos coma na resolución de aprobación.

b) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes aspectos:

– Acreditación sobre o número de unidades físicas executadas. No caso dos propietarios particulares de xeito individual cuxa superficie de actuación sexa igual ou superior a 10 hectáreas, das CMVMC, das sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, das cooperativas agrícolas, dos pro indivisos, dos de montes de varas, abertais, de voces, voceríos, de fabeo, das comunidades de bens, das entidades locais e doutras persoas xurídicas, a acreditación deberá estar asinada por unha persoa titulada en enxeñaría de montes ou enxeñería técnico-forestal.

– Contía da subvención calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os valores máximos das unidades de obra previstos na anexo VIII.

– Un detalle doutros ingresos ou axudas que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e da súa procedencia, e co balance final do proxecto (ingresos e gastos). E, no caso de non telos, declaración expresa do beneficiario de non telos.

c) Arquivo gráfico (medición GPS) en formato dixital SHP ou similar coa superficie afectada polos traballos subvencionados, coas mesmas características ca o ficheiro que figura no artigo 8.2.f).

d) Respecto do material forestal de reprodución empregado:

– Etiquetaxe e documento provedor expedido polo ente provedor de material forestal de reprodución de acordo co Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución, e a súa modificación recollida no Real decreto 1220/2011, do 5 de setembro.

– Declaración responsable dos entes provedores de material forestal de reprodución que teñan expedidos os documentos provedores, na cal certifiquen que o material forestal de reprodución cumpre cos requirimentos establecidos polo Decreto 220/2007, do 15 de novembro, polo que se crea o sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución, en materia de calidade exterior.

– Pasaporte fitosanitario do material forestal de reprodución de acordo coa lexislación vixente en materia de sanidade vexetal.

e) Certificado final de obra emitido polo director de obra, excepto no caso de propietarios particulares de xeito individual con superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, no cal figure unha relación valorada dos traballos executados.

f) Só no caso de CMVMC, xustificación do cumprimento da obriga de comunicación establecida no artigo 125.7 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Lémbrase que as cotas mínimas de reinvestimento dos montes veciñais serán do 40 % de todos os ingresos xerados.

g) As instrucións para a presentación dos xustificantes de gasto e pagamento indícanse no anexo XI da orde. Nos xustificantes de gasto deberá figurar o número de rexistro do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).

h) No caso de cesión do dereito de cobramento da axuda cun terceiro:

– Comunicación do dereito de cobramento, conforme o modelo que figura no anexo IV da orde.

No caso de que o cedente do dereito de cobramento sexa unha comunidade de montes veciñais en man común (CMVMC), o devandito anexo asinarao o presidente da CMVMC en nome da comunidade, pero deberá constar:

• Certificado do secretario da comunidade en que indique que a asemblea xeral autorizou, expresamente, o presidente para asinar a cesión de cobramento.

– Copia do documento público ou privado en que se formalizou a cesión. No caso de documento privado, este deberá estar asinado electronicamente. No caso de documento público, xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais de actos xurídicos documentados (ITPAXD).

– Copia do DNI/NIF/NIE en vigor da persoa cesionaria, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

– Copia do NIF en vigor da entidade cesionaria, só no caso de que se opoña á súa consulta.

2. Só se realizará unha única comprobación final dos expedientes aprobados unha vez comunicado o remate dos traballos-solicitude de pagamento da totalidade dos traballos aprobados.

3. O titular comprométese a manter a masa, incluído o cartel informativo, conforme as condicións de comprobación da axuda e a conservala durante un mínimo de cinco anos e, no caso de ter instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados, será a quenda da especie indicada no devandito instrumento, contados desde a data da solicitude de pagamento da axuda.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2022

José Luís Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal

ANEXO I

Listaxe de solicitudes de axuda concedidas ao abeiro da Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020

Liña I (medida Feader 8.3): axudas para realizar tratamentos silvícolas (prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cobertoira vexetal e do control selectivo de combustible, como son as rozas, cortas de rexeneración, rareos e podas), coa finalidade de prevención de incendios.

Expediente

NIF

Solicitante

Axuda total aprobada

14270026/2020

***2081**

CMVMC Escuadra de Aldea

43.970,52

Desagregación dos traballos aprobados

Traballos parcela nº 1

Nº parcela

Referencia Sixpac

Concello

Sup.

Tipo de actuación

1

27:65:0:0:140:652:1

Vilalba

5,83

Rozas e podas en masas de coníferas

Clave

Concepto

Ud.

Custo/ud.

Imp. inv.

Imp. subv

M21

Rozas

5,83

515,16

3.003,38

3.003,38

M22

Podas entre 2 m e 4 m

5,83

605,70

3.531,23

3.531,23

M24

Triturado, picado ou extracción dos restos

5,83

682,68

3.980,02

3.980,02

M25

Proxecto

5,83

47,85

278,97

278,97

Total:

10.793,60

Traballos parcela nº 2

Nº parcela

Referencia Sixpac

Concello

Sup.

Tipo de actuación

2

27:65:0:0:139:315:1

Vilalba

1,29

Rozas e podas en masas de coníferas

Clave

Concepto

Ud.

Custo/ud.

Imp. inv.

Imp. subv.

M21

Rozas

1,29

515,16

664,56

664,56

M22

Podas entre 2 m e 4 m

1,29

605,70

781,35

781,35

M24

Triturado, picado ou extracción dos restos

1,29

682,68

880,66

880,66

M25

Proxecto

1,29

47,85

61,73

61,73

Total:

2.388,30

Traballos parcela nº 3

Nº parcela

Referencia Sixpac

Concello

Sup.

Tipo de actuación

3

27:65:0:0:139:310:1

Vilalba

16,63

Rozas e podas en masas de coníferas

Clave

Concepto

Ud.

Custo/ud.

Imp. inv.

Imp. subv.

M21

Rozas

16,63

515,16

8.567,11

8.567,11

M22

Podas entre 2 m e 4 m

16,63

605,70

10.072,79

10.072,79

M24

Triturado, picado ou extracción dos restos

16,63

682,68

11.352,97

11.352,97

M25

Proxecto

16,63

47,85

795,75

795,75

Total:

30.788,62

Expediente

NIF

Solicitante

Axuda total aprobada

14270164/2020

***1374**

CMVMC Eirexalba

6.702,04

Desagregación dos traballos aprobados

Traballos parcela nº 1

Nº parcela

Referencia Sixpac

Concello

Sup.

Tipo de actuación

1

27:24:0:0:31:11:20

O Incio

3,07

Rozas e podas en masas de coníferas

Clave

Concepto

Ud.

Custo/ud.

Imp. inv.

Imp. subv.

M21

Rozas

3,07

515,16

1.581,54

1.581,54

M22

Podas entre 2 m e 4 m

3,07

605,70

1.859,50

1.859,50

M24

Triturado, picado ou extracción dos restos

3,07

682,68

2.095,83

2.095,83

M25

Proxecto

3,07

47,85

146,90

146,90

Total:

5.683,77

Traballos parcela nº 2

Nº parcela

Referencia Sixpac

Concello

Sup.

Tipo de actuación

2

27:24:0:0:31:11:22

O Incio

0,55

Rozas e podas en masas de coníferas

Clave

Concepto

Ud.

Custo/ud.

Imp. inv.

Imp. subv.

M21

Rozas

0,55

515,16

283,34

283,34

M22

Podas entre 2 m e 4 m

0,55

605,70

333,14

333,14

M24

Triturado, picado ou extracción dos restos

0,55

682,68

375,47

375,47

M25

Proxecto

0,55

47,85

26,32

26,32

Total:

1.018,27

Expediente

NIF

Solicitante

Axuda total aprobada

14270166/2020

***1526**

CMVMC Cancio

22.920,20

Desagregación dos traballos aprobados.

Traballos parcela nº 1

Nº parcela

Referencia Sixpac

Concello

Sup.

Tipo de actuación

1

27:35:0:0:53:8:1

Negueira de Muñiz

1,87

Rozas e podas en masas de coníferas

Clave

Concepto

Ud.

Custo/ud.

Imp. inv.

Imp. subv.

M21

Rozas

1,87

515,16

963,35

963,35

M22

Podas entre 2 m e 4 m

1,87

605,70

1.132,66

1.132,66

M24

Triturado, picado ou extracción dos restos

1,87

682,68

1.276,61

1.276,61

M25

Proxecto

1,87

47,85

89,48

89,48

Total:

3.462,10

Traballos parcela nº 2

Nº parcela

Referencia Sixpac

Concello

Sup.

Tipo de actuación

2

27:35:0:0:53:9:1

Negueira de Muñiz

10,05

Rozas e podas en masas de coníferas

Clave

Concepto

Ud.

Custo/ud.

Imp. inv.

Imp. subv.

M21

Rozas

10,05

515,16

5.177,36

5.177,36

M22

Podas entre 2 m e 4 m

10,05

605,70

6.087,29

6.087,29

M24

Triturado, picado ou extracción dos restos

10,05

682,68

6.860,93

6.860,93

M25

Proxecto

10,05

47,85

480,89

480,89

Total:

18.606,47

Traballos parcela nº 3

Nº parcela

Referencia Sixpac

Concello

Sup.

Tipo de actuación

3

27:35:0:0:53:9:2

Negueira de Muñiz

0,46

Rozas e podas en masas de coníferas

Clave

Concepto

Ud.

Custo/ud.

Imp. inv.

Imp. subv.

M21

Rozas

0,46

515,16

236,97

236,97

M22

Podas entre 2 m e 4 m

0,46

605,70

278,62

278,62

M24

Triturado, picado ou extracción dos restos

0,46

682,68

314,03

314,03

M25

Proxecto

0,46

47,85

22,01

22,01

Total:

851,63

Expediente

NIF

Solicitante

Axuda total aprobada

14270231/2020

*** 7198 **

José Antonio Prieto Pérez

5.554,17

Desagregación dos traballos aprobados

Traballos parcela nº 1

Nº parcela

Referencia Sixpac

Concello

Sup.

Tipo de actuación

1

27:4:0:0:94:6:36

Baleira

3,00

Rozas e podas en masas de coníferas

Clave

Concepto

Ud.

Custo/ud.

Imp. inv.

Imp. subv.

M21

Rozas

3,00

515,16

1.545,48

1.545,48

M22

Podas entre 2 m e 4 m

3,00

605,70

1.817,10

1.817,10

M24

Triturado, picado ou extracción dos restos

3,00

682,68

2.048,04

2.048,04

M25

Proxecto

3,00

47,85

143,55

143,55

Total:

5.554,17

ANEXO II

Axuda desestimada coa indicación da causa da desestimación

Expediente

NIF

Solicitante

Motivo de desestimación

14270190/2020

***4973**

Comunidade de Montes Abertais de Monel

Incumpre obrigacións tributarias