Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2022 Páx. 49563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación de tres resolucións de emenda de erros polas que se modifica o acordo por causa da revisión cartográfica e documental da zona de concentración parcelaria de Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, as persoas interesadas citadas no anexo, poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, núm. 4-6, baixo), en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Para garantir unha atención adecuada, con anterioridade á referida comparecencia deberá concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 6 de setembro de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada/o

Acto que se notifica

Monte veciñal non clasificado, lugar Vilaverde-O Terrado

Emenda de erros da Resolución do 15 de decembro de 2021

Monte veciñal non clasificado, lugar de Orbán

Emenda de erros da Resolución do 15 de decembro de 2021

Monte veciñal non clasificado, lugar de Milmanda

Emenda de erros da Resolución do 24 de novembro de 2021