Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2022 Páx. 49190

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cenlle

ANUNCIO de notificación a titulares coñecidos e descoñecidos para recordar o cumprimento da obrigación de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que as persoas titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidas e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, impostas polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Referencia catastral

Titular

Localización

Polígono

Parcela

Metros afectados

Custo por m2

Liquidación provisional

32026A013002620000TW

Amelia Castiñeiras Villar

A Barca de Barbantes

13

262

87 m

1,20 euros

104,40 euros

32026A013001880000TJ

Antonio Gómez

A Barca de Barbantes

13

188

244 m

1,20 euros

292,80 euros

32026A013001890000TE

María Gómez

A Barca de Barbantes

13

189

241 m

1,20 euros

289,20 euros

32026A013002500000TD

Deogracias Villamarín

A Barca de Barbantes

13

250

1.923 m

1,20 euros

2.307,60 euros

32026A01300190000TI

David González Cobelo

A Barca de Barbantes

13

190

239 m

1,20 euros

286,80 euros

32026A013001860000TX

Manuel Fernández Nóvoa

A Barca de Barbantes

13

186

1.267 m

1,20 euros

1.520,40 euros

32026A013002130000TK

Ramón Vázquez Álvarez

A Barca de Barbantes

13

213

140 m

1,20 euros

1.728,00 euros

32026A013002210000TJ

Benito Fernández Cabanelas

A Barca de Barbantes

13

221

563 m

1,20 euros

675,60 euros

32026A013002220000TE

Antonio Cabanelas Castiñeiras

A Barca de Barbantes

13

222

532 m

1,20 euros

638,40 euros

32026A013001830000TK

Gabriel Chao Diéguez

A Barca de Barbantes

13

183

342 m

1,20 euros

410,40 euros

32026A013001820000TO

Aurelio Villamarín

A Barca de Barbantes

13

182

586 m

1,20 euros

703,20 euros

3206A013002690000TL

Luis Lozano

A Barca de Barbantes

13

269

57 m

1,20 euros

68,40 euros

32026A013002640000TB

Obdulia López López

A Barca de Barbantes

13

264-266

90 m

62 m

1,20 euros

316,80 euros 74,40 euros

32026A014003810000TM

Manuel Fernández Novoa

Laias

14

381

119 m

1,20 euros

142,80 euros

32026A015002450000TW

Celso Pérez Carnero

Razamonde

15

245

1.273 m

1,20 euros

1.527,60 euros

32026A020002520000TX

Manuel Sierra Carrasco

Saa

20

252

1.751 m

1,20 euros

2.101,20 euros

32026A021000060000TE

Ramón Domínguez Freijido

Sadurnín

21

6

396 m

1.20 euros

475,20 euros

32026A027002030000TT

Andrés Bóveda López

Cenlle

27

203

12.856 m

1,20 euros

15.427,20 euros

32026A027001940000TW

Secundino García Bello

Cenlle

27

194

541 m

1,20 euros

649,20 euros

32026A016003270000TT

Veciños de Trasariz

Trasariz

16

327

170 m

1,20 euros

204 euros

32026A020002200000TX

Javier Pagan Robeda

Saa

20

220

48 m

1,20 euros

57,60 euros

32026A020005370000TX

Perfecto Soto

Saa

20

537

58 m

1,20 euros

69,60 euros

32026ª020010000000TI

Veciños de Saa

Saa

20

1000

170 m

1,20 euros

204 euros

1º. En virtude do que antecede, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario de xestión da biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, ou da data da notificación por correo postal no caso de que esta notificación se fixer efectiva con posterioridade á data de publicación do anuncio.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento terá a obriga de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. Quen realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais recollidos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española. O prezo da liquidación provisional dos labores de xestión da biomasa é de 1,20 €/m2.

3º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para resolver os procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves ou moi graves corresponderalle á persoa titular da alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso da madeira resultante da corta das especies destinatarias na sede electrónica do concello actuante.

Cenlle, 30 de agosto de 2022

José Manuel Rodríguez Lamas
Alcalde