Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2022 Páx. 48970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 6 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de regulamentación do CT Veiga 36CR20, no concello de Lalín.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de regulamentación do CT Veiga 36CR20, no concello de Lalín, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que se detalla.

No acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados ou representadas por outra persoa debidamente autorizada, alí exhibirán o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 6 de setembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/90-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación do CT Veiga 36CR20.

Concello: Lalín.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36024A144000570000BU

Chousa San Ramón

Descoñecida

22 de novembro de 2022

12.00