Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2022 Páx. 48971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 8 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a resolución de autorización da ampliación do perímetro do aproveitamento de recursos da sección A) denominado Costal Vello número 147, no termo municipal de Láncara, na provincia de Lugo.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo fai público que o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais asinou o 31 de agosto de 2022 a resolución de autorización da ampliación do perímetro do aproveitamento da explotación que a seguir se describe:

Nome: Costal Vello.

Número de expediente: 147.

Recurso: sección A), granito-agregados para a construción.

Termo municipal: Láncara.

Superficie total: 15,354539 ha.

Titular: Canteras de Muro, S.L.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Lugo, 8 de setembro de 2022

O xefe territorial de Lugo
P.A. (artigos 41.3 e 42.1 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño;
DOG núm. 126, do 4 de xullo)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria