Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2022 Páx. 48968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Ret. LMT DC BAL708-702 e BAL708-706 e CS Baixada Gándara (Vigo), no concello de Vigo, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/025-4).

A instalación denominada Ret. LMT DC BAL708-702 e BAL708-706 e CS Baixada Gándara (Vigo) foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 29 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 10 de novembro de 2022, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lles comunicarán a data e a hora en que se deberán presentar nos seus predios, e serán informados de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 29 de agosto de 2022

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 41.3 en relación co 42.1 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Ret. LMT DC BAL708-702 e BAL708-706 e CS Baixada Gándara

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml servidume de paso aérea

m2 servidume de paso soterrada

1

9321920NG1792S0002PA

CM Pereiras Comesaña 70

Descoñecido

1

22,64

48

142,7