Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2022 Páx. 48987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 8 de setembro de 2022 polo que se fai pública a resolución de adxudicación das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais (código de procedemento PR780A).

Mediante a Resolución da directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) do 20 de maio de 2022 (DOG núm. 107, do 6 de xuño) aprobáronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia no ano 2022, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas.

De acordo coa base 15ª da convocatoria, a resolución de concesión das subvencións que se outorguen será competencia da directora da EGAP.

A dita competencia atópase delegada no secretario xeral da Escola en virtude do disposto pola epígrafe primeira letra i) da Resolución do director da EGAP do 17 de decembro de 2007.

De acordo co exposto e coa obriga de publicidade recollida na base 15ª da antedita Resolución do 20 de maio de 2022, faise pública a Resolución da directora da EGAP do 7 de setembro de 2022 de adxudicación das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais, que literalmente di:

De acordo co indicado:

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as axudas económicas para o financiamento dos plans de formación das entidades que se reflicten no anexo, con indicación das beneficiarias e o importe da axuda.

Segundo. Informar ás adxudicatarias de subvencións que, de acordo co disposto pola base 20ª, se poderán realizar pagamentos anticipados por importe ata o 80 % da subvención outorgada, que suporán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención e co límite de 18.000 euros, de acordo co establecido no artigo 63.1.un do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As entidades beneficiadas deberán xustificar o pagamento que dá lugar á subvención de acordo co previsto na base 22ª da convocatoria.

Terceiro. Advertir as entidades beneficiarias do seguinte:

1. Só serán subvencionables os gastos que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2022 e que se atopen efectivamente pagados o 5 de decembro de 2022, data de finalización do período de xustificación.

A partir do momento da adxudicación das subvencións, as entidades beneficiarias poderán modificar os seus plans de formación, debendo realizalo mediante solicitude que se dirixirá á EGAP antes do 15 de outubro de 2022, unicamente no caso daquelas modificacións que se consideren substanciais.

2. A xustificación realizarase mediante a achega á EGAP da correspondente conta xustificativa na forma que se determina na convocatoria na súa base 22ª.

3. De acordo co establecido no artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, se transcorrido o prazo de xustificación a beneficiaria non presenta a documentación xustificativa, a EGAP requiriraa para que no prazo improrrogable de 10 días sexa presentada, con apercibimento de que a falta de presentación dará lugar á perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, á exixencia de reintegro e ás demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

4. As beneficiarias deberán incorporar de forma visible no material de difusión das actividades formativas subvencionadas o seu financiamento público.

Cuarto. Ordenar que se notifique esta resolución de concesión mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), coa advertencia de que unha vez transcorridos dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido entenderase rexeitada.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición perante a directora da EGAP, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación da resolución nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.a), 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2022

A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007; DOG núm. 3, do 2.1.2008)
Sergio Domingo Baamonde Boquete
Secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

Plans aprobados

Plans agrupados

Beneficiario

Orzamento solicitado

Importe da axuda concedida

Deputación Provincial de Lugo

114.190,00 €

82.765,05 €

Deputación Provincial da Coruña

323.539,00 €

182.478,02 €

Deputación Provincial de Ourense

468.138,00 €

88.048,71 €

Deputación Provincial de Pontevedra

145.750,00 €

109.640,38 €

Plan interadministrativo

Beneficiario

Orzamento solicitado

Importe da axuda concedida

Federación Galega de Municipios e Provincias

145.807,74 €

145.807,74 €

Plans unitarios

Beneficiario

Orzamento solicitado

Importe da axuda concedida

Concello de Vigo

230.425,00 €

26.630,00 €

Concello de Pontevedra

49.659,99 €

9.598,33 €

Concello da Coruña

170.191,00 €

27.752,89 €

Concello de Cangas

4.150,00 €

3.747,92 €

Total:

676.469,04 €