Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2022 Páx. 48908

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 29 de xullo de 2022 de delegación de competencias nos órganos superiores e de dirección e nas xefaturas territoriais desta consellería.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 151, do 9 de agosto de 2022, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 43104, onde di:

«g) A resolución dos pagamentos anticipados previstos nos convenios de colaboración.

h) A resolución de autorización de sinatura dos convenios de colaboración».

Debe dicir:

«g) A resolución dos pagamentos anticipados previstos nos convenios.

h) A resolución de autorización de sinatura dos convenios».