Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2022 Páx. 48906

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 23 de decembro de 2021 pola que se desenvolve a Resolución do 26 de novembro de 2021 pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2022 (DOG núm. 235, do 9 de decembro de 2021), e se nomea o tribunal para as convocatorias do ano 2022.

Mediante a Resolución do 26 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, convocáronse as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2022, e se nomeou o tribunal para as convocatorias do ano 2022.

Logo da dita designación, producidas modificacións nas persoas responsables de servizos integrados nesta dirección xeral, modificouse esta resolución mediante a Resolución do 23 de decembro de 2021 e coa finalidade de garantir o correcto desenvolvemento das probas, estimouse procedente incorporar as ditas variacións no propio tribunal, substituíndo unha das persoas designadas como vogais e suprimindo unha das vogais suplentes. Con posterioridade, producíronse novos cambios nas persoas responsables da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que mediante a presente resolución procédese á substitución dunha vogal e supresión dunha vogal suplente, sen prexuízo de que por razóns de garantir a máxima transparencia e facilitar o coñecemento do tribunal polas persoas interesadas efectúase a designación íntegra del.

O Real decreto 284/2021, do 21 de abril, regula no anexo V os exames de cualificación inicial. Na sección 2ª, desenvolve a «designación de tribunais» sinalando que «No caso de non determinarse na propia convocatoria, o órgano convocante deberá, con posterioridade a esta, designar o tribunal ou tribunais das probas (…) e proceder, así mesmo, á súa publicación no correspondente boletín oficial, polo menos, con 10 días de antelación á celebración do primeiro exercicio».

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Modifícase o punto segundo do número un da Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, do 23 de decembro de 2021, pola que se desenvolve a Resolución do 26 de novembro de 2021 pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2022 (DOG núm. 235, do 9 de decembro de 2021), e se nomea ao tribunal para as convocatorias do ano 2022, que queda redactado como segue:

«2. A composición do tribunal para as vindeiras convocatorias ordinarias do ano 2022 será a seguinte:

– Presidente: Antón García Río.

– Presidente suplente: Juan Alberto Vidal Herrador.

Vogais:

– Mª Teresa Somoza García.

– Eduardo Suárez Campo.

– Juan Alberto Vidal Herrador.

Vogais suplentes:

– Mª Inmaculada Carril Barco.

– Elena Prado Veiga.

– Tamara Subiela Gómez.

– Secretaria: Marta Figueiras García.

– Secretaria suplente: Ana María Gómez Iglesias».

Segundo. Esta resolución producirá efectos desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2022

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade