A Orde do 11 de xaneiro de 2022 (DOG núm. 24, do 4 de febreiro) establece as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020.
De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, «Os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención».
En consecuencia,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas, na convocatoria de 2022, con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.723C.780.1 para o financiamento de proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro, cofinanciadas nun 85 % polo FEMP.
Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2022
Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
ANEXO
– Aplicación 15.03.723C.780.1.
Proxecto |
Beneficiario/a |
Total |
Alianza por un futuro sustentable, pesca con ciencia |
GALP Seo Fisterra, Ría Muros-Noia. Costa Sostible (representante) |
6.658,73 |
GALP Golfo Ártabro Norte |
6.658,73 |
|
GALP Ría de Arousa |
6.658,77 |
|
GALP Ría de Pontevedra |
6.658,77 |
|
GALP Ría de Vigo |
6.658,76 |
|
GALP Golfo Ártabro Sur |
6.658,74 |
|
Importe total |
39.952,50 |
Proxecto |
Beneficiario/a |
Total |
Rede Rema, promovendo a cultura mariñeira no espazo atlántico. Rema II |
GALP Costa da Morte (representante) |
5.808,00 |
GALP Golfo Ártabro Norte |
5.808,00 |
|
GALP Seo Fisterra, Ría Muros-Noia. Costa Sostible |
5.808,00 |
|
GALP Ría de Arousa |
5.808,00 |
|
GALP Ría de Pontevedra |
5.808,00 |
|
GALP Ría de Vigo |
7.199,50 |
|
GALP Golfo Ártabro Sur |
5.808,00 |
|
Importe total |
42.047,50 |