Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2022 Páx. 48939

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2022, tramitada como anticipado de gasto (Diario Oficial de Galicia número 18, do 27 de xaneiro de 2022).

A Orde do 27 de decembro de 2021 (DOG núm. 18, do 27 de xaneiro de 2022) establece as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.

De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o artigo 34 da referida orde reguladora dispón que a Consellería do Mar publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, as axudas concedidas con suxeición a esta orde, e indicará o programa e crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas, na convocatoria de 2022, con cargo ás aplicacións orzamentarias 15.03.723C.780.0 e 15.03.723C.770.0, para o financiamento de proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), cofinanciadas nun 85 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2022

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

– Proxectos non produtivos.

– Aplicación 15.03.723C.780.0.

Proxecto

Beneficiario/a

Total (€)

GALP1-212 Posta en valor dos fondos documentais históricos do Concello de Foz

Concello de Foz

16.431,80

GALP2-231 Mellora da actividade marisqueira da Confraría de Barallobre, fase II

Confraría de Pescadores de Barallobre

106.558,80

GALP2-235 Automóbiles para mostraxes e vixilancia, escáner e impresora

Confraría de Pescadores de Ferrol

45.546,02

GALP2-229 Mellora da actividade pesqueira e marisqueira na Confraría de Mugardos

Confraría de Pescadores de Mugardos

5.015,26

GALP2-227 Mellora da mobilidade nos bancos marisqueiros dos socios e socias da Confraría de Miño

Confraría de Pescadores de Miño

5.411,93

GALP2-244 Instalación de cámaras de seguridade na nave do porto

Confraría de Pescadores de Ares

9.164,00

GALP2-248 Cociña mariñeira no Concello de Miño II

Concello de Miño

17.968,50

GALP2-250 Dragon boat no Golfo Ártabro

Cabanas KDM

16.379,76

GALP3-097 Beira atlántica: roteiros e conversas na beira da Barca

Asociación de Profesionais Percebe da Barca

43.973,82

GALP3-094 Promoción da Ruta dos peixes e mariscos da lonxa de Laxe

Confraría de Pescadores de Laxe

10.593,00

GALP3-098 Arte do mar

Asociación Mar de Fábula

5.275,16

GALP3-100 A Laracha activa e mar de Caión

Concello da Laracha

64.408,91

GALP3-096 Posta en valor e musealización da carpintaría de ribeira

Concello de Laxe

15.412,07

GALP4-116 Promoción dos camiños andar ao mar

Concello de Carnota

28.400,00

GALP4-119 Achegamento ás embarcacións tradicionais para a mocidade da ría Muros-Noia

Concello de Outes

4.950,11

GALP5-296 Coidamar

Confraría de pescadores San Martín do Grove

12.738,67

GALP5-302 Vehículo isotermo

Confraría de pescadores da Pobra do Caramiñal

30.387,00

GALP5-295 Adquisición tractor para traballos no banco marisqueiro a pé

Confraría de pescadores de Rianxo

45.300,00

GALP5-300 Turismo mariñeiro en Vilaxoán e visita virtual

Concello de Vilagarcía de Arousa

17.231,21

GALP5-298 Mellora da gobernanza na xestión marisqueira no ámbito territorial

Confraría de pescadores de Arousa

19.570,00

GALP5-304 Proxecto Lique

Asociación Ámbar das persoas con diversidade funcional

11.202,18

GALP5-299 400 anos do estanque da Seca

Concello de Cambados

25.373,43

GALP5-301 Boiro libre de plásticos

Concello de Boiro

29.759,00

GALP6-243 Senda peonil en Faxín-Dena

Concello de Meaño

19.982,21

GALP6-237 Conxunto arqueolóxico petróglifos de Mogor

Concello de Marín

31.403,42

GALP6-252 O remo elemento integrador na ría

Club de Remo Ría de Marín

14.369,85

GALP6-244 Formación do sector marisqueiro sobre a problemática das algas de arribazón e os sistemas de recollida da lonxa de Campelo AIE

Lonxa de Campelo AIE

7.084,30

GALP6-248 Lixo mariño-contornas

Asociación Cultural Rías de Vida

2.233,49

GALP6-242 Adaptabilidade e accesibilidade universal, unha porta ao mar, eliminando barreiras

Club Náutico de Portonovo

11.050,84

GALP7-182 Proxecto de intervención a través da cultura da música mariñeira

Asociación de Familiares de Personas con Alzhéimer del Morrazo (Afamo)

12.495,00

GALP7-176 Plan de voluntariado da Rede de varadas de Galicia

Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) 

10.705,52

GALP7-181 Canido, lonxa viva

Confraría de pescadores de Vigo

30.046,31

GALP7-184 Alternativas sostibles de ocio e culturais da enseada de San Simón

Club Deportivo Salitre

39.762,00

GALP7-185 Vocabulario náutico galego

Asociación Mar da Pedra, Amigos das Gamelas

22.912,56

GALP7-177 Moaña, un mar de mulleres

Concello de Moaña

16.328,47

GALP8-107 Instalacións de paneis solares na lonxa de Sada

Confraría de pescadores de Sada

57.000,41

GALP8-106 Mellora enerxética oficina Confraría de Sada

Confraría de pescadores de Sada

3.726,00

GALP8-111 Carpa Club de vela Alamar

Club Alamar Sada

4.125,00

– Proxectos produtivos.

– Aplicación 15.03.723C.770.0.

Proxecto

Beneficiario/a

Total (€)

GALP1-208 Fortalecemento da cadea vertical de distribución

Pescados y Mariscos de Rin, S.L.

12.561,83

GALP1-209 Implementación de novas tecnoloxías de venda en liña.

Iria Fernández Yáñez

2.980,58

GALP1-211 Mellora da rastrexabilidade

A Traíña Peixes e Mariscos, S.L.

6.745,50

Galp1-213 Tangram centro multidisciplinar

Aravela Otero Justo

20.055,02

GALP2-238 Furgoneta isoterma e balanza electrónica

Cristina Leal Rodríguez

12.440,08

GALP2-247 Nova liña de elaborados de pan, empanadas e chocolates con produtos do mar

Panadería Patricio, S.L.

145.784,20

GALP2-228 Remolque para traslado

Nicolás Meis Díaz

2.320,00

GALP2-232 Vehículo con isotermo, transporte e venda de produtos de pesca artesanal

Juan Santiago Alonso Cudilleiro

20.212,94

GALP2-233 Furgón isotermo

Juan Alberto Pazo Vales

9.874,77

GALP2-249 Furgoneta

Salvador Piñeiro Montero

13.709,62

GALP2-242 Adquisición de balanza e outros

María Elena Castro Gómez

709,20

GALP2-243 Adquisición de balanza colgante

Francisco Cartelle Rodríguez

860,40

GALP 3-099 Art surf camp

Albergue de Surf Razo, S.L.

44.036,20

GALP3-101 Nova liña de embalaxe e conxelado

Pescados Jesús Pedreira Pose, S.L.

18.393,01

GALP6-246 Fabricación de produtos con materiais reutilizados e residuos provenientes da manufactura

Nordés Velería, S.L.

8.745,30

GALP7-186 Nigrán Activa: natureza, patrimonio e mar

Nigrán Skate and Camps, S.L.

59.704,50

GALP7-180 Rías Baixas pesca turismo

Severino Casal Diz

12.298,74

GALP7-178 Eficiencia enerxética, mellora da seguridade e melloras de xestión

Frigoríficos de Vigo, S.A.

59.975,52

GALP7-174 Envasado e etiquetaxe de algas

H. Q. Seaweed, S.L.

13.809,63

GALP7-172 Biodiversidade e ambiente a bordo-Julio Verne Náutica

Veruela 2000, S.L.

25.814,80

GALP7-183 Mellora valor engadido, procesos, control, acceso e eficiencia enerxética

Gandón, S.A.

24.166,68

GALP8-110 Áxil empaque: modernización do proceso de limpeza e empaque

Juan García Pesca, S.L.

22.205,00

GALP8-108 Adquisición dun vehículo isotermo

Olga Áurea Vidal Mouriño

15.528,63

GALP8-113 Compra de furgoneta

Restafresh Coruña, S.L.

10.866,81