Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2022 Páx. 48945

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2022, que se incorpora no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2022

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2022

Descrición

Importe

Data

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores, para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución para a mellora da competitividade, do fomento e da promoción das confrarías de pescadores.

27.000 €

27.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo, para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución, para acadar a mellora da competitividade.

16.000 €

27.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución para acadar os obxectos básicos de fomento da organización sectorial e a mellora da súa competitividade.

16.000 €

27.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución para acadar os obxectivos básicos de fomento da organización sectorial, a visibilización do seu sector e a mellora da súa competitividade.

5.000 €

27.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña, para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución para acadar os obxectivos básicos de fomento da organización sectorial e mellora da súa competitividade.

16.000 €

31.5.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores, para establecer as condicións de colaboración co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución para a mellora da competitividade, do fomento e da promoción das confrarías de pescadores.

Sen custo económico

8.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Vigo, para a celebración do XX Congreso do Instituto Internacional de Economía e Comercios Pesqueiros en Vigo, no ano 2022.

18.150 €

23.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, mediante o que se canaliza unha subvención de concesión directa para a realización de actividades de dinamización das embarcacións tradicionais durante o ano 2022.

28.500 €

22.8.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Empresarial Galega de Carpintería de Ribeira, mediante o que se canaliza unha subvención de concesión directa para a realización de actividades de dinamización e fomento da carpintería de Ribeira durante o ano 2022.

30.000 €

22.8.2022