Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2022 Páx. 48649

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2022 pola que se publican os convenios de colaboración asinados no segundo cuadrimestre de 2022.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícase a relación dos convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no segundo cuadrimestre de 2022, que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2022

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega

Universidade de Santiago de Compostela e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado da facultade de Xeografía e Historia e a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

18.5.2022

Sen achega

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Boborás

Convenio para concesión dunha subvención directa entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e o Concello de Boborás para o proxecto senlleiro de posta en valor das pontes históricas da Ponte Vella e da Cruz, a de Porto Pereiras e a de Parada de Cameixa, orientado á conservación do seu patrimonio e á súa promoción turística a través da posta en valor de pontes históricas medievais

8.7.2022

28.202,56 €

Consellería de Sanidade, Servizo Galego de Saúde, Galaria Empresa Pública de Servicios Sanitarios, S.A., Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento na Saúde, Clúster da Saúde de Galicia, Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, Axencia Galega de Innovación, Axencia Galega da Industria Forestal, Instituto da Vivenda e Solo, Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Composte, Universidade de Vigo, Fundación Universidade Empresa, Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Fundación Juana de Vega, Fundación da Cidade da Cultura de Galicia

Addenda ao acordo marco de colaboración para a participación conxunta na convocatoria de proxectos europeos da iniciativa New European Bauhaus para a formalización da adhesión da Fundación da Cidade da Cultura de Galicia

28.7.2022

Sen achega

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Axencia Turismo de Galicia, Concello de Mondoñedo e Asociación de produtores de conservas de hortalizas de Mondoñedo

Proxecto senlleiro de acondicionamento de nave no Camiño de Santiago para a difusión das técnicas artesáns de conservas vexetais, orientado ao reforzamento da oferta turística do Camiño de Santiago e da mellora da estrutura e infraestrutura do territorio para fortalecer o desenvolvemento do rural galego

18.8.2022

155.000,00 €